III. Outras disposicións
Consellería de Economía, Emprego e Industria
CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2016.
Advertido un erro na publicación da versión en galego da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:
Na páxina 52116, no artigo 6.4.5º, onde di: «– 0 puntos, sempre que o compromiso...», debe dicir: «– 10 puntos, sempre que o compromiso...».