Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3532

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

I

No marco do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da política agrícola común e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009, do Consello, publicáronse o Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, e o Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pago básico da política agrícola común, que establecen a normativa básica aplicable a partir do ano 2015.

II

O Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello, no seu título V regula o Sistema integrado de xestión e control indicando que se aplicará tanto aos réximes de pagamentos directos regulados polo Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, como a determinadas axudas ao desenvolvemento rural concedidas de acordo co Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello. Polo tanto, as normas que se establezan en relación co devandito sistema integrado afectarán tanto os pagamentos directos como as axudas de desenvolvemento rural que se deban controlar conforme este.

Por iso, débese establecer un sistema que permita a identificación única dos produtores que presenten solicitudes para os diferentes réximes de axuda, así como a identificación das parcelas agrícolas utilizando as técnicas do Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (en diante Sixpac). Para iso o Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, establece, no seu Título VI, a solicitude única anual de axudas como medio para que o beneficiario poida presentar a súa solicitude para todos os réximes de pagamentos directos que considere, así como para as axudas ao desenvolvemento rural financiadas con cargo ao Feader establecidas no ámbito do Sistema integrado de xestión e control.

III

En España, o Sistema de identificación de parcelas agrícolas é o Sixpac. O Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación en España do Sixpac e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do Sistema integrado de xestión e control e resto de réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común (PAC).

IV

O Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, establece, entre outras, as normas da condicionalidade.

O Regulamento (UE) nº 1310/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, que establece disposicións transitorias relativas á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), modifica o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que incumbe aos recursos e a súa distribución no exercicio de 2014 e modifica o Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, e os regulamentos (UE) nº 1307/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á súa aplicación no exercicio de 2014, establece que a partir do 1 de xaneiro de 2015 deben aplicarse as disposicións sobre a condicionalidade establecidas no Regulamento (UE) nº 1306/2013, do 17 de decembro.

O Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola, determina as normas da condicionalidade que deberán cumprir os beneficiarios de axudas suxeitas a esta.

V

Segundo os últimos datos publicados da Enquisa gandeira elaborada pola Subdirección Xeral de Estatística do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o censo de ovino da Comunidade Autónoma de Galicia respecto ao censo nacional é inferior ao 2 %. Polo tanto, de acordo coa posibilidade establecida no artigo 71.3 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, na Comunidade Autónoma de Galicia poderán ser beneficiarios da axuda asociada para as explotacións de ovino os titulares de explotacións cun censo de femias elixibles igual ou superior a 10.

VI

O Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 foi aprobado pola Comisión Europea o pasado 18 de novembro de 2015. De acordo co exposto anteriormente, a solicitude única que se regula nesta orde abrangue ademais dos pagamentos directos, as solicitudes de pagamento das axudas de desenvolvemento rural establecidas no ámbito do Sistema integrado de xestión e control. No caso de Galicia en 2016 esas axudas son: a prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias (compromisos vixentes do período 2007-2013), os pagamentos a zonas con limitacións naturais, as axudas de agroambiente e clima e as da agricultura ecolóxica.

VII

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia establece no seu artigo 10, relativo aos requisitos para obter a condición de beneficiario, no número 2.e) que non poderán obter a dita condición, salvo que pola natureza da subvención se exceptúe pola súa normativa reguladora, entre outros, os que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou teñan pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, nos termos en que regulamentariamente se determinen.

Por outra banda, de acordo co previsto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, establece no artigo 51 a posibilidade de que os beneficiarios de axudas que se concedan con carácter compensatorio ou indemnizatorio poidan substituír por unha declaración responsable do solicitante a obrigación de presentar a certificación acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Os pagamentos directos á agricultura e á gandaría previstos no título II tiveron e teñen o carácter de pagamentos compensatorios. Os pagamentos directos derivan da reforma da PAC do ano 1992, en relación coas organizacións comúns de mercado de produtos agrícolas que, co obxectivo de aproximar os prezos comunitarios aos do mercado mundial e compensar as perdas de ingresos causadas pola redución dos prezos institucionais, estableceu un pagamento compensatorio para os agricultores en cada sector. Así, no caso dos cultivos herbáceos estableceuse mediante o Regulamento (CEE) nº 1765/1992 do Consello, do 30 de xuño, polo que se establece un réxime de apoio aos produtores de determinados cultivos herbáceos, e no da carne de vacún mediante o Regulamento (CEE) nº 2066/1992 do Consello, do 30 de xuño, que modifica o Regulamento (CEE) nº 805/1968 do Consello, do 27 de xuño, polo que establece a organización común de mercados no sector da carne de bovino.

Unha parte importante destas axudas, con base en criterios históricos por percepción de importes compensatorios por estes conceptos en campañas de referencia, integrouse en 2006 no pagamento único por explotación, manténdose unha pequena porcentaxe asociada á actividade produtiva.

Coa nova reforma da PAC os dereitos de pagamento único desaparecen e son substituídos en 2015 polos dereitos de pagamento básico e por outras axudas disociadas da produción. Entre estas últimas cabe destacar o denominado pagamento verde a que se destinará o 30 % do orzamento de pagamentos directos e que está vinculado ao cumprimento por parte dos agricultores, de prácticas agrícolas sustentables, beneficiosas para a calidade dos solos, a biodiversidade e o ambiente en xeral. O mesmo que na reforma anterior mantense unha pequena porcentaxe de axudas asociadas. Os pagamentos directos seguirán estando suxeitos á condicionalidade.

En definitiva, os pagamentos directos permiten estabilizar a renda dos agricultores e compensalos pola prestación de servizos públicos de valor incalculable: protección do ambiente, benestar dos animais, alimentos seguros e de calidade, etc. Estes servizos públicos son aínda máis importantes se se ten en conta que as normas europeas están entre as máis estritas do mundo. Isto encarece a produción de alimentos en Europa con respecto á doutros países que impoñen normas menos rigorosas. Sen os pagamentos directos, os agricultores europeos non poderían competir cos doutros países e á vez atender as exixencias específicas dos consumidores de Europa.

Doutra banda, os pagamentos a zonas con limitacións naturais e as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica previstas no título III teñen o carácter de pagamentos compensatorios, ben pola zona en que exercen a actividade os agricultores ou ben polos custos adicionais e as perdas de ingresos derivados dos compromisos asumidos polo agricultor en relación co sistema de produción agrícola ou gandeiro adoptado para a mellora do ambiente e do ámbito natural.

Polo tanto, os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, os pagamentos a zonas con limitacións naturais e as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica reguladas por esta orde deben considerarse incluídas no artigo 51.d) da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, e os beneficiarios non terán a obrigación de achegar os xustificantes de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, que será substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

En consecuencia, en conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confiren a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

TÍTULO PRELIMINAR
Disposicións xerais

CAPÍTULO I
Obxecto e definicións

Artigo 1. Obxecto e ámbito

1. Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2016 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

2. Así mesmo, ten por obxecto aplicar na Comunidade Autónoma de Galicia o Sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, incluída a solicitude única de axudas, de acordo co previsto no Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento e o Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

Artigo 2. Liñas de axuda

1. As liñas de axuda están integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios establecidos no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural:

a) Un pagamento básico aos agricultores («réxime de pagamento básico»).

b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.

c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.

d) Un réxime de axuda asociada:

1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.

2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.

3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.

4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.

5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.

6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.

7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.

8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.

9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

2. Tamén se inclúen as solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

b) Pagamentos a zonas con limitacións naturais.

c) Agroambiente e clima.

d) Agricultura ecolóxica.

Nas axudas incluídas neste punto, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao seu cofinanciamento.

Artigo 3. Definicións

1. Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación e en concreto, no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, no Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, e no Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, será de aplicación á presente orde a seguinte:

a) «Razas bovinas de aptitude eminentemente leiteira»: consideraranse como tales as relacionadas no anexo II. Tamén terá esa condición o conxunto mestizo dunha explotación bovina inscrita no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de leite».

2. Para os efectos das axudas de desenvolvemento rural reguladas nesta orde tamén serán aplicables as seguintes definicións:

a) «Agricultor a título principal»: o agricultor profesional que obteña, polo menos, o 50 por cento da súa renda da actividade agraria exercida na súa explotación e cuxo tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

b) «Agricultor profesional»: a persoa física que sendo titular dunha explotación agraria obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, a condición de que a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego agrario dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo.

c) «Explotacións agrarias prioritarias»: as explotacións agrarias familiares e as asociativas que estean cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias.

d) «Carga gandeira»: a relación entre o número de unidades de gando maior (UGM) de bovino, ovino, cabrún e equino e as hectáreas de superficie forraxeira da explotación, incluídas as de aproveitamento comunal a que teña dereito. As UGM calcuranse como unha media a partir dos censos gandeiros das especies antes indicadas, presentes na explotación en seis datas do ano de solicitude. No caso de existir un control sobre o terreo farase unha contaxe de animais para verificar a súa coherencia cos censos empregados para o cálculo do valor medio.

e) «Unidade de gando maior (UGM)»: a conversión das diferentes categorías de animais segundo o indicado no anexo II do Regulamento (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, é dicir:

1ª. Touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos, e équidos de máis de seis meses 1,0 UGM.

2ª. Animais da especie bovina de seis meses a dous anos 0,6 UGM.

3ª. Animais da especie bovina de menos de seis meses 0,4 UGM.

4ª. Ovinos e cabrúns 0,15 UGM.

5ª. Porcas de cría > 50 kg 0,5 UGM.

6ª. Outros porcos 0,3 UGM.

7ª. Galiñas poñedoras 0,014 UGM.

8ª. Outras aves de curral 0,03 UGM.

f) «Superficie forraxeira»: a superficie agraria útil da explotación dedicada a pastos ou a cultivos destinados á produción de forraxe para a alimentación animal, incluídas as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto, dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos, cabrúns ou equinos.

g) «Superficie agraria útil»: a superficie dedicada a terras de cultivo, pastos permanentes ou cultivos permanentes.

Artigo 4. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación dos procedementos regulados nesta orde require a incorporación de datos en poder das administracións públicas, consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control, entidades asociativas ou entidades de aconsellamento. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. En caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegar os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido non artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos dende a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de pagamento da «Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias» pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente. Entenderase denegación expresa no caso de que na solicitude única non estea marcado o recadro de dar o consentimento para a consulta de datos de estar ao día coa AEAT e coa TXSS.

4. Coa solicitude da «Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias» presentarase declaración responsable de se perciben ou non outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade.

5. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

6. Así mesmo, no marco do indicado no artigo 5 seguinte, coa presentación das solicitudes as persoas interesadas autorizan a que os datos recollidos nestas sexan incluídos noutros ficheiros informatizados para o seu tratamento coa finalidade de que sexan empregados pola Xunta de Galicia e/ou polo Fogga no ámbito das súas competencias.

Artigo 5. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría do Fondo Galego de Garantía Agraria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a dereitosarco.fogga@xunta.es .

CAPÍTULO II
Agricultor activo e actividade agraria

Artigo 6. Ámbito

Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde, só se concederán a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible aos solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.

Artigo 7. Aplicación e verificación

1. A aplicación e verificación da figura de agricultor activo e da actividade agraria sobre as superficies da explotación realizarase segundo o establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Para os efectos de verificar o cumprimento dos criterios de agricultor activo, as persoas físicas que non outorguen a autorización para recadar da Axencia Estatal de Administración Tributaria a información fiscal necesaria, deberán declarar na súa solicitude única o total de ingresos agrarios percibidos no período impositivo dispoñible máis recente e achegar a documentación xustificativa (declaración do IRPF e, se é o caso, certificación dos rendementos do traballo) correspondente.

Cando o solicitante sexa unha persoa xurídica ou un grupo de persoas físicas ou xurídicas, sempre deberá declarar na súa solicitude única o total de ingresos agrarios percibidos no período impositivo máis recente. O órgano xestor despois de verificar os datos declarados solicitará, se o considera necesario, a documentación xustificativa dos ingresos declarados.

Unha vez realizadas estas comprobacións, se o solicitante non conta con ingresos agrarios distintos dos pagamentos directos do 20 % ou máis dos seus ingresos agrarios totais, poderá ser considerado agricultor activo, pero será considerado como unha situación de risco para os efectos de control conforme o indicado no artigo 12.3 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Non obstante, no caso de quen se incorpore por primeira vez á actividade agraria, este requisito deberá ser acreditado como máis tarde no segundo período impositivo seguinte ao da solicitude. O requisito poderá ser acreditado con posterioridade en circunstancias debidamente xustificadas motivadas polo período de entrada en produción de determinados cultivos.

3. En canto á actividade agraria, naqueles recintos en que se declare unha actividade de mantemento de entre as recollidas no anexo IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, a dita actividade realizarase anualmente e deberase conservar, se é o caso, á disposición do Fogga toda a documentación xustificativa dos gastos e pagamentos incorridos na súa realización.

TÍTULO I
Sistema integrado de xestión e control (SIXC)

Artigo 8. Ámbito de aplicación do SIXC

O SIXC aplicarase aos réximes de axuda enumerados no anexo I do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e á axuda concedida de acordo co artigo 21.1.a) e 21.1.b), os artigos 28 a 31, 33, 34 e 40 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e, cando cumpra, o artigo 35.1.b) e 35.1.c), do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Con todo, non se aplicará ás medidas establecidas no artigo 28, número 9, do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, nin ás medidas previstas no artigo 21.1.a) e 21.1.b), do devandito regulamento no que respecta aos custos de implantación.

O Sistema integrado tamén se aplicará, na medida necesaria, ao control da condicionalidade.

CAPÍTULO I
Solicitude única

Artigo 9. Solicitude única (procedemento MR250A)

1. As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural citadas no artigo 2 deberán presentar unha solicitude única.

2. Para aqueles beneficiarios que estean incluídos no réxime simplificado para os pequenos agricultores, a solicitude única consistirá unicamente na presentación dunha confirmación do seu acordo de seguir pertencendo ao dito réxime para cobrar a anualidade correspondente xunto coa información mínima para cada parcela que se establece no anexo VII do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Estes beneficiarios durante o prazo de presentación da solicitude única que se establece no artigo seguinte, poderán presentar a renuncia ao seu mantemento neste réxime.

3. Para os efectos dos controis da condicionalidade, tamén deberán presentar unha solicitude única os beneficiarios que recibisen pagamentos á colleita en verde en 2015, da prima ao arrinque en 2013 ou 2014 ou á reestruturación e reconversión do viñedo nos anos 2013, 2014 ou 2015. Estes beneficiarios presentarán unha solicitude única en que declaren todas as parcelas da súa explotación aínda que non soliciten ningún dos pagamentos directos ou axudas de desenvolvemento rural indicados no artigo 2 desta orde.

Artigo 10. Lugar e prazo de presentación da solicitude única

1. A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da Dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se encontra na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da súa superficie agraria ou o maior número de animais no caso de non dispoñer de superficie.

2. A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Os solicitantes poderán optar por:

a) Realizar persoalmente a súa solicitude, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.

b) Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.

3. O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2016, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o día 30 de abril, ambos incluídos.

4. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, admitiranse solicitudes de axudas ata 25 días naturais seguintes á data de finalización do prazo establecido. Nese caso, e fóra dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse un 1 por cento por cada día hábil en que se exceda a dita data. A redución mencionada neste parágrafo tamén será aplicable respecto da presentación de contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes que sexan elementos constitutivos da admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto na normativa comunitaria. No ano en que se asignen dereitos de pagamento básico, esa redución será dun 3 por cento por cada día hábil en que se exceda a dita data para ese réxime de axudas. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.

Artigo 11. Contido da solicitude única

1. O contido da solicitude única será o que se indica no artigo 92 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Ademais, a solicitude irá acompañada da documentación adicional que se indica no punto V do anexo VII do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, agás cando o órgano competente en función da axuda xa teña acceso a ela, e da documentación que para esta solicitude se indica nas partes A e B do anexo I desta orde.

2. Esta documentación complementaria presentarase electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. Na solicitude única declararanse todas as parcelas agrícolas que conforman a superficie agraria da explotación e que estean á disposición do seu titular. En cada parcela agrícola declararase o cultivo ou aproveitamento que cumpra o indicado no artigo 33 para o período principal de cultivo.

No caso das terras de cultivo, se procede, poderase declarar máis dun produto por campaña e parcela indicando sempre como principal o que cumpra o indicado no parágrafo anterior que será o que se utilice para a medida de diversificación establecida no artigo 20 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

No caso de declarar que o recinto é obxecto dun labor de mantemento anual indicarase un dos recollidos na lista establecida no anexo IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

Nas medidas de axuda por superficie dos programas de desenvolvemento rural, tamén se deberá incluír a superficie non agrícola pola que se solicita axuda.

4. As parcelas agrícolas da explotación identificaranse mediante as referencias alfanuméricas do Sixpac en vigor ao inicio de campaña, salvo no caso dos pastos permanentes utilizados en común cuxa declaración se fará segundo o indicado no artigo seguinte. Con todo, de forma excepcional e para o ano natural 2016, nas áreas indicadas no anexo III, por razóns da existencia de modificacións territoriais aínda non reflectidas no Sixpac, utilizaranse as referencias oficiais identificativas de concentración parcelaria indicadas no dito anexo. De acordo co número 3 do artigo 92 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, os solicitantes que declaren máis de 200 ha deberán delimitar graficamente e en formato dixital as parcelas agrícolas da explotación.

5. Calquera propietario de parcelas poderá comunicar ao Fogga aquelas que non poden ser solicitadas por non estar arrendadas, e para iso deberá acreditar a súa titularidade e indicar as súas referencias no Sixpac. De acordo con isto, e segundo co indicado no parágrafo 11 do número I do anexo VII do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, os solicitantes non terán que indicar na súa solicitude o NIF do arrendador ou cedente aparceiro.

Artigo 12. Declaración de pastos permanentes utilizados en común

As superficies de pastos permanentes utilizados en común por varios agricultores declararanse segundo unhas referencias identificativas das parcelas agrícolas distintas das establecidas no Sixpac, que o Fogga poñerá en coñecemento das entidades xestoras dos pastos antes de que finalice o período de presentación da solicitude única, para efectos de que poidan ser utilizadas polos agricultores na declaración de superficies. O agricultor declarará a superficie neta que lle foi asignada pola entidade xestora do pasto, é dicir, a superficie admisible unha vez aplicado o coeficiente de admisibilidade dos pastos que corresponda.

Artigo 13. Modificación da solicitude única (procedemento MR240D)

1. Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o 31 de maio.

2. Mediante estas solicitudes de modificación poderanse engadir parcelas individuais ou dereitos de pagamento individuais sempre que se cumpran os requisitos fixados no réxime de axuda de que se trate. Ademais, poderase modificar a utilización ou o réxime de axuda solicitado das parcelas agrícolas xa declaradas na solicitude única sempre que este xa se solicitase con outras parcelas agrícolas na solicitude única. Cando estas modificacións repercutan nalgún xustificante ou contrato que se debe presentar, tamén estará permitido modificalo.

3. As solicitudes de modificación deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. A documentación complementaria ou xustificantes necesarios poderán presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

CAPÍTULO II
Entidades colaboradoras

Artigo 14. Entidades colaboradoras.

Logo de solicitude, poderán acceder á condición de entidade colaboradora recoñecida polo Fondo Galego de Garantía Agraria na captura das axudas da PAC que conforman a solicitude única a partir de 2015, así como doutras solicitudes relacionadas con ela que tamén se regulan nesta orde (alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac, solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional, etc.):

1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma.

3. As entidades de aconsellamento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega).

Artigo 15. Requisitos das entidades colaboradoras

1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispor de persoal cualificado para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC.

b) Dispor de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

c) Dispor de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.

d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.

Artigo 16. Solicitude e prazo de presentación (procedemento MR239O)

1. As entidades interesadas deberán dirixir a súa solicitude a persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria, segundo o modelo do anexo XIII.

2. Esta solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, tamén se poderá presentar a solicitude en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día da publicación da presente orde ata o día 31 de marzo, inclusive.

Artigo 17. Convenio de entidade colaboradora

1. Á vista da solicitude presentada e logo de comprobar o cumprimento dos requisitos previstos no artigo 15, a persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria e o representante da entidade colaboradora formalizarán o convenio de entidade colaboradora.

2. O convenio de entidade colaboradora terá o contido previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e terá efectos para a campaña de solicitudes correspondente ao ano da sinatura e será renovable expresamente mediante adenda, para cada campaña.

Artigo 18. Habilitación para a presentación das solicitudes en representación de terceiros

1. A formalización do convenio comportará a habilitación para a presentación na Comunidade Autónoma de Galicia da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela que tamén se regulan nesta orde, en representación de terceiros por medios telemáticos.

2. As entidades colaboradoras deberán ter a representación necesaria nos termos establecidos no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O Fondo Galego de Garantía Agraria poderá requirir en calquera momento ás entidades habilitadas a acreditación da representación que teñan. A falta de representación suficiente das persoas en cuxo nome se presentase a documentación dará lugar á exixencia das responsabilidades pertinentes.

4. A habilitación só confire á entidade autorizada a representación para intervir na presentación da solicitude da campaña en curso a través da aplicación informática do Fondo Galego de Garantía Agraria.

CAPÍTULO III
Alegacións ao Sixpac

Artigo 19. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac (procedemento MR239K)

1. As persoas interesadas deberán comprobar que a información contida no Sixpac referida aos recintos que compoñen as súas parcelas agrícolas é correcta; en concreto, deberán comprobar que a delimitación gráfica e o uso asignado aos seus recintos é correcto. Así mesmo, deberán asegurarse de que os seus recintos non conteñen elementos non elixibles, en particular, camiños e edificacións.

2. No caso de que a información recollida no Sixpac non coincida coa realidade da súa explotación, as persoas interesadas deberán presentar as alegacións ou solicitudes de modificación que correspondan sobre o uso, a delimitación ou outra información do recinto existente no Sixpac.

3. No que se refire ás alegacións e solicitudes de modificación relativas ao coeficiente de admisibilidade dos pastos (CAP) en Galicia, os interesados poderán propoñer modificacións ao CAP global, sen distinguir os factores que o compoñen (solo, pendente ou vexetación). Os interesados poderán diferenciar sectores dun mesmo recinto nos cales estimen un grao de admisibilidade substancialmente diferente, pero só se admitirán as solicitudes para incrementar o CAP global cando o incremento proposto sexa superior ou igual ao 20 % e, ademais, o novo valor proposto na alegación neses casos só poderá ser algún dos seguintes: 25, 35, 45, 55, 65, 75, 85 ou 100. Non se considerarán pastos arbustivos ou con arboredo os límites dos recintos, particularmente os de terras de cultivo, pasteiros ou cultivos permanentes.

Artigo 20. Lugar e prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac

1. As alegacións e solicitudes de modificación ao Sixpac dos recintos situados na Comunidade Autónoma de Galicia presentaranse dirixidas á persoa titular da Dirección do Fogga.

2. O prazo de presentación será ata o 31 de maio de 2016, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas das solicitudes de axuda tramitadas coa solicitude única no ano 2016.

3. A presentación destas alegacións e solicitudes de modificación será realizada polas mesmas vías establecidas no artigo 13.3 para a modificación da solicitude única.

4. Estas solicitudes irán acompañadas da documentación que para cada caso se indica na parte C do anexo I.

5. A documentación complementaria ou xustificantes necesarios poderán presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 21. Resolución de alegacións e solicitudes de modificación

1. A resolución das alegacións e solicitudes de modificación ao Sixpac corresponde á persoa titular da Dirección do Fogga que ditará a resolución correspondente que será notificada aos interesados.

2. O prazo para resolver as alegacións ou solicitudes de modificación é de seis meses desde a súa presentación. Transcorrido devandito prazo sen que se dite resolución expresa poderán entenderse desestimadas.

3.Contra a resolución da persoa titular da Dirección do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do citado organismo no prazo dun mes, contado desde a notificación da resolución que se impugna.

CAPÍTULO IV
Da condicionalidade

Artigo 22. Obxecto e ámbito de aplicación

Este capítulo ten por obxecto definir na Comunidade Autónoma de Galicia as boas condicións agrarias e ambientais da terra e os requisitos legais de xestión que se deberán cumprir no ano 2016 de acordo coa condicionalidade, en conformidade co Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciben pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

Artigo 23. Obrigación de cumprir os requisitos da condicionalidade

1. Os beneficiarios dos pagamentos e axudas indicados no artigo 2, salvo os que unicamente reciban a prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas ou ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias, así como os beneficiarios que recibisen pagamentos á colleita en verde en 2015, da prima ao arrinque en 2013 ou 2014 ou á reestruturación e reconversión do viñedo nos anos 2013, 2014 ou 2015, deberán observar os requisitos legais de xestión a que se refire o anexo VI desta orde, así como as boas condicións agrarias e ambientais da terra indicadas no anexo VII.

2. Consonte o disposto no artigo 92 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, os agricultores que participan no réxime a favor dos pequenos agricultores, quedarán exentos da condicionalidade e, en particular, do seu sistema de control e, se e o caso, da aplicación de penalizacións.

CAPÍTULO V
Resolución das axudas no marco do SIXC

Artigo 24. Resolución de solicitudes de pagamentos directos á agricultura e gandaría

1. Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC, na súa condición de órgano instrutor do procedemento, establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies, o número de animais con dereito a recibir as axudas e os importes que lles corresponden.

2. A persoa titular da Dirección do Fogga será a competente para resolver estas solicitudes.

3. A dita resolución non pon fin á vía administrativa e, de conformidade co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase recorrer contra ela alzada ante a persoa titular da Presidencia do Fondo Galego de Garantía Agraria no prazo dun mes.

Artigo 25. Resolución das solicitudes de pagamentos a zonas con limitacións naturais, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica

1. No caso dos pagamentos a zonas con limitacións naturais:

a) Se os importes das axudas que se van pagar superan o orzamento dispoñible para cada zona (montaña e outras zonas con limitacións naturais) entón a Subdirección Xeral de Xestión da PAC, na súa condición de órgano instrutor do procedemento, establecerá un rateo dos importes das axudas para adaptalos ao orzamento dispoñible.

b) Os servizos territoriais do Fogga elevarán a correspondente proposta, a través do subdirector xeral de Xestión da PAC, á directora do organismo, que é a autoridade competente para resolver.

2. No caso da concesión das axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica:

a) O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos criterios de priorización establecidos nesta orde para cada unha delas.

b) Establecida a priorización das solicitudes os servizos territoriais do Fogga elevarán a correspondente proposta, a través do subdirector xeral de Xestión da PAC, á directora do organismo, que é a autoridade competente para resolver.

3. A dita resolución non pon fin á vía administrativa e, de conformidade co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase recorrer contra ela en alzada ante a persoa titular da Presidencia do Fondo Galego de Garantía Agraria no prazo dun mes.

Artigo 26. Prazo para resolver

O prazo máximo para ditar as resolucións previstas no artigo anterior será de nove meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Transcorrido o devandito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 27. Notificación das resolucións de axuda

1. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural. Nesta notificación especificarase a convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se fose o caso, as causas da desestimación, e expresará, ademais, os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos. Os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a aceptación da resolución, transcorrido o dito prazo sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada e non será admisible a renuncia posterior.

2. Ademais, nas resolucións das solicitudes de pagamentos a zonas con limitacións naturais, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica, informaranse os beneficiarios de que a medida correspondente se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e da medida e da prioridade do PDR de que se trate.

Artigo 28. Pagamento aos beneficiarios

1. No que se refire aos períodos de pagamento e anticipos, e ao número de prazos en que se poderán facer os pagamentos, observarase o indicado no artigo 75.1 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, e no artigo 105 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Os pagamentos indicados no número 1 só se poderán efectuar unha vez finalizados os controis administrativos e sobre o terreo necesarios para verificar que se cumpren as condicións de admisibilidade. Non obstante, os anticipos por axudas concedidas no marco do desenvolvemento rural, poderán aboarse unha vez realizados os controis administrativos.

Artigo 29. Cesión da explotación

1. De acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, cando despois de presentarse unha solicitude de axuda ou de pagamento e antes de que se cumprisen todas as condicións para a súa concesión, unha explotación sexa cedida por un beneficiario a outro na súa totalidade, non se concederá axuda ningunha ao cedente en relación coa explotación cedida.

2. As axudas solicitadas polo cedente concederanse ao cesionario sempre que:

a) O cesionario informe o Fogga antes do 31 de outubro de 2016 e solicite o pagamento da axuda.

b) O cesionario presente, no mesmo prazo, o documento de cambio de titularidade da explotación.

c) Se cumpran todas as condicións para a concesión da axuda respecto da explotación cedida.

3. Unha vez que o cesionario informase o Fogga e solicitase o pagamento das axudas:

a) Todos os dereitos e obrigas do cedente que deriven da relación xurídica xerada pola solicitude de axuda ou a solicitude de pagamento entre o cedente e a autoridade competente transferiranse ao cesionario.

b) Todas as actuacións necesarias para a concesión da axuda e todas as declaracións realizadas polo cedente antes da cesión asignaranse ao cesionario para os efectos da aplicación da normativa pertinente da Unión Europea.

c) A explotación cedida considerarase, cando proceda, unha explotación independente en relación co ano de solicitude considerado.

4. Sen prexuízo do cumprimento da obriga de informar na forma e prazo indicados no punto 2 deste mesmo artigo, para os pagamentos a zonas con limitacións naturais, as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica, a concesión da axuda ao cesionario estará supeditada á comprobación do cumprimento por este dos requisitos unha vez que achegue a documentación pertinente.

5. En ningún caso serán de aplicación as disposicións sinaladas neste artigo cando a transferencia só afecte unha parte da explotación.

TÍTULO II
Dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría

Artigo 30. Obxecto

O obxecto deste título é regular os aspectos específicos para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría indicados no artigo 2.1 desta orde.

Artigo 31. Solicitude de dereitos de pagamento básico da reserva nacional (procedemento MR241C)

1. As solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional na Comunidade Autónoma de Galicia presentaranse ante a persoa titular da Dirección do Fogga.

2. O prazo de presentación será o mesmo que o da solicitude única, é dicir, desde o 1 de febreiro ao 30 de abril de 2016, ambos incluídos.

3. A presentación destas solicitudes realizarase polas mesmas vías establecidas no artigo 10 para a solicitude única.

4. Estas solicitudes irán acompañadas da documentación que se indica no anexo I.

5. A documentación complementaria presentarase electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 32. Cesións de dereitos de pagamento básico (procedemento MR241D)

1. A comunicación das cesións dos dereitos de pagamento básico realizarase de acordo co establecido no artigo 30 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

2. Excepcionalmente para a campaña 2016, o período de comunicación iniciarase o 1 de febreiro e finalizará cando remate o prazo de presentación da solicitude única.

3. O cedente comunicará á persoa titular da Dirección do Fogga a cesión dos dereitos de pagamento básico sempre e cando a súa última solicitude única a presentase na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Na Comunidade Autónoma de Galicia, as comunicacións destas cesións de dereitos presentaranse polas mesmas vías establecidas no artigo 13.3 para a modificación da solicitude única.

5. Xunto coas comunicacións presentaranse os documentos necesarios en función do tipo de cesión elixida tal e como se indica no anexo I.

6. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das sdministracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 33. Período principal de cultivo

De acordo co artigo 20.5 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, o período no cal se levará a cabo a verificación do número de cultivos e o cálculo das súas correspondentes porcentaxes, segundo o establecido no número 1 do mesmo artigo, irá dos meses de maio a xullo, de forma que, maioritariamente, os cultivos se encontren no terreo durante ese período.

Artigo 34. Axuda asociada para as explotacións de ovino

De acordo coa posibilidade establecida no artigo 71.3 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, na Comunidade Autónoma de Galicia establécese que poderán ser beneficiarios desta axuda os titulares de explotacións cun censo de femias elixibles igual ou superior a 10.

TÍTULO III
Solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento
rural no ámbito do SIXC

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 35. Obxecto e ámbito

Neste título regúlanse as solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento rural no ámbito do Sistema integrado de xestión e control que se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

CAPÍTULO II
Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias

Artigo 36. Ámbito de aplicación

Os beneficiarios que se indican no artigo seguinte poderán solicitar o pagamento dunha prima destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada en terras agrícolas abandonadas.

Artigo 37. Beneficiarios

No ano 2016 poderán solicitar o pagamento da prima de mantemento aqueles beneficiarios que a teñen concedida sobre a base das seguintes ordes reguladoras e coas condicións indicadas:

1. Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 93, do 15 de maio). Unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e que lles corresponda no ano 2016.

2. Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 116, do 18 de xuño). Unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e que lles corresponda no ano 2016.

3. Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

4. Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

5. Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

6. Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 50, do 12 de marzo).

7. Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

8. Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro). Unicamente beneficiarios das axudas da liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito.

CAPÍTULO III
Pagamentos a zonas con limitacións naturais

Artigo 38. Ámbito de aplicación

Estas axudas concederánselles aos agricultores que cumpran os requisitos para ser beneficiarios e as condicións de elixibilidade, co obxectivo de compensar as perdas de ingresos e os custos adicionais derivados das desvantaxes provocadas polas limitacións de distinta natureza que afrontan as explotacións agrarias nas zonas de montaña e noutras zonas con limitacións naturais distintas das de montaña.

Sección 1ª. Pagamentos compensatorios en áreas de montaña

Artigo 39. Beneficiarios

Os beneficiarios destas axudas deberán cumprir os requisitos de agricultor activo aos que se refire o capítulo II do título preliminar desta orde. Ademais, estas axudas só se concederán aos agricultores non pluriactivos que se identificarán da seguinte maneira:

a) No caso das persoas físicas, serán aqueles que cumpran a condición de agricultor a título principal (ATP) ou explotación prioritaria.

b) No caso de persoas xurídicas o de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, os que cumpran a condición de explotación prioritaria.

Artigo 40. Condicións de elixibilidade

1. Será elixible a superficie agraria útil (SAU) situada en concellos de Galicia clasificados como zonas de montaña no anexo da Directiva 86/466/CEE, do 14 de xullo de 1986, relativa á lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, de acordo co número 3 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE e que se recollen no anexo V desta orde.

2. Poderán acceder a estas axudas as explotacións cun mínimo de 2 ha de superficie indemnizable (S.I.) nos concellos a que se refire o punto anterior, considerando que a superficie forraxeira só será elixible nas explotacións cunha carga gandeira maior ou igual a 0,7 UGM/ha.

Artigo 41. Importe da axuda

1. O importe da axuda será de ata 280 €/ha de S.I. Este importe será decrecente en función da superficie indemnizable, segundo se indica a continuación:

a) Ás primeiras 5 ha de S.I. correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre 5 e 25 ha de S.I. o 75 %.

c) Entre 25 e 100 ha de S.I. o 50 %.

d) A partir de 100 ha de S.I. non se concede axuda.

2. A SI determinarase a partir da SAU situada no concello da explotación ou nos concellos adxacentes que estean clasificados como zona de montaña. Para o seu cálculo terase en conta o seguinte:

a) As superficies forraxeiras só se computarán nas explotacións que cumpran a condición de elixibilidade da carga gandeira.

b) Ás superficies de pastos arbustivos (PR) ou pastos arborados (PA) aplicaráselles un coeficiente redutor de 0,30.

c) Establécese un máximo de S.I. de 100 ha.

3. O importe da axuda nunca excederá os 450 €/ha de SAU, nin se pagará cando o importe sexa inferior a 25 €/ha de SAU.

4. No caso de que o orzamento dispoñible sexa insuficiente para cubrir os pagamentos a todos os beneficiarios co importe máximo indicado no número 1 deste artigo, realizarase un rateo proporcional para axustar os pagamentos ao dito orzamento.

Sección 2ª. Pagamentos compensatorios en áreas con limitacións naturais
(distintas de montaña)

Artigo 42. Beneficiarios

Os beneficiarios destas axudas deberán cumprir os requisitos de agricultor activo aos que se refire o capítulo II do título preliminar desta orde. Ademais, estas axudas só se concederán aos agricultores non pluriactivos que se identificarán da seguinte maneira:

a) No caso das persoas físicas, serán aqueles que cumpran a condición de agricultor a título principal (ATP) ou explotación prioritaria.

b) No caso de persoas xurídicas o de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, os que cumpran a condición de explotación prioritaria.

Artigo 43. Condicións de elixibilidade

1. Será elixible a superficie agraria útil (SAU) situada en concellos de Galicia clasificados como zonas desfavorecidas no anexo da Directiva 86/466/CEE, do 14 de xullo de 1986, relativa á lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, de acordo co número 4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE e que se recollen no anexo V desta orde.

2. Poderán acceder a estas axudas as explotacións cun mínimo de 2 ha de superficie indemnizable (S.I.) nos concellos a que se refire o punto anterior, considerando que a superficie forraxeira só será elixible nas explotacións cunha carga gandeira maior ou igual a 0,9 UGM/ha.

Artigo 44. Importe da axuda

1. O importe da axuda será de ata 210 €/ha de S.I. Este importe será decrecente en función da superficie indemnizable, segundo se indica a continuación:

a) Ás primeiras 5 ha de S.I. correspóndelles o 100 % do importe.

b) Entre 5 e 25 ha de S.I. o 75 %.

c) Entre 25 e 100 ha de S.I. o 50 %.

d) A partir de 100 ha de S.I. non se concede axuda.

2. A S.I. determinarase a partir da SAU situada no concello da explotación ou nos concellos adxacentes que estean clasificados como zona desfavorecida distinta de montaña. Para o seu cálculo terase en conta o seguinte:

a) As superficies forraxeiras só se computarán nas explotacións que cumpran a condición de elixibilidade da carga gandeira.

b) Ás superficies de pastos arbustivos (PR) ou pastos arborados (PA) aplicaráselles un coeficiente redutor de 0,30.

c) Establécese un máximo de SI de 100 ha.

3. O importe da axuda nunca excederá os 250 €/ha de SAU, nin se pagará cando o importe sexa inferior a 25 €/ha de SAU.

4. No caso de que o orzamento dispoñible sexa insuficiente para cubrir os pagamentos a todos os beneficiarios co importe máximo indicado no número 1 deste artigo, realizarase un rateo proporcional para axustar os pagamentos ao dito orzamento.

Capítulo IV
Axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica

Sección 1ª. Elementos comúns para as axudas de agroambiente
e clima e de agricultura ecolóxica

Artigo 45. Elementos comúns

En prol dunha maior claridade, nesta sección recóllense os elementos comúns que son de aplicación tanto ás axudas de agroambiente e clima como ás de agricultura ecolóxica.

Artigo 46. Tipos de solicitudes

Nestas axudas diferéncianse dous tipos de solicitudes:

a) Solicitudes de pagamento vinculadas a compromisos iniciados e aprobados ao abeiro da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 48, do 11 de marzo de 2015).

b) Solicitudes de pagamento para iniciar compromisos ao abeiro da presente orde.

Artigo 47. Liña de base

1. De acordo co indicado nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica unicamente cubrirán os compromisos que impoñan maiores exixencias que os requisitos obrigatorios correspondentes establecidos de conformidade co título VI, capítulo I, do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, os criterios e actividades mínimas pertinentes establecidos de conformidade co artigo 4, número 1, letra c), incisos ii) e iii), do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e os requisitos mínimos relativos á utilización de fertilizantes e produtos fitosanitarios, así como outros requisitos obrigatorios pertinentes establecidos no dereito nacional.

2. En cada axuda, a liña de base estará composta polos requisitos obrigatorios indicados no punto anterior que sexan pertinentes para os seus compromisos. Os requisitos que constitúen a liña de base de cada axuda identifícanse no anexo IX.

Artigo 48. Aconsellamento específico

1. As explotacións beneficiarias das axudas a que se refire esta sección deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade inscrita antes do 1 de xaneiro de 2016 no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) ou coa solicitude de inscrición presentada antes desa data sempre e cando queden finalmente inscritas con data límite 31 de marzo de 2016.

2. Para verificar que as explotacións reciben o aconsellamento exixido, as entidades de aconsellamento indicadas polos interesados na solicitude única comunicarán ao Fogga, con data límite 31 de xullo do ano de solicitude, a información establecida no anexo X.

Sección 2ª. Agroambiente e clima

Artigo 49. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas concederanse aos agricultores que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

2. Os compromisos agroambientais e climáticos a que se poderán acoller os agricultores polas unidades de produción (superficies, colmeas ou animais) da súa explotación situadas na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Apicultura para a conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais

b) Razas autóctonas en perigo de extinción

c) Xestión sustentable de pastos

d) Extensificación do vacún de leite

Artigo 50. Incompatibilidades

Os compromisos de xestión sustentable de pastos e de extensificación do vacún de leite son incompatibles entre si.

Doutra banda, unicamente o compromiso de razas autóctonas en perigo de extinción é compatible coas axudas á agricultura ecolóxica reguladas na sección 3ª deste capítulo.

Subsección 1ª. Apicultura para a conservación da biodiversidade
en zonas con limitacións naturais

Artigo 51. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os apicultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 52. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 48.

Artigo 53. Compromisos

As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

1. Manter un mínimo de 100 colmeas en municipios de Galicia designados como zonas de montaña segundo o indicado no anexo V e distribuídas, polo menos, en dúas alvarizas.

2. Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os anos que dura o compromiso. Para estes efectos consideraranse comprometidas e primables un máximo de 80 colmeas por alvariza que cumpra o exixido no compromiso seguinte.

3. A distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km. Ademais, para seren primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pagamento e deberán constar na base de datos oficial do Rega.

Artigo 54. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por cinco anos e durante este período non será posible o incremento das colmeas comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 55. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 12 € por colmea situada en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia designados como zonas de montaña, cun máximo de 80 colmeas por alvariza que cumpra os compromisos.

Subsección 2ª. Razas autóctonas en perigo de extinción

Artigo 56. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 57. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 48 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 58. Compromisos

As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

1. Dispoñer de máis de 5 UGM primables dunha ou varias das razas autóctonas en perigo de extinción relacionadas no anexo VIII desta orde.

2. Cando se trate de especies de ovino, cabrún, equino e/ou bovino, manter na explotación unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e máxima de 2 UGM/ha.

3. Manter, como mínimo, as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en perigo de extinción durante os anos que dura o compromiso.

4. Participar no programa de mellora xenética da raza.

Artigo 59. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por cinco anos. Durante ese período será posible incrementar o número de UGM comprometidas a condición de que ese incremento sexa polo menos de 5 UGM e a duración inicial do compromiso se manteña.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 60. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 175 €/UGM primable. Serán primables as UGM calculadas a partir de animais inscritos nos correspondentes libros xenealóxicos das razas.

Subsección 3ª. Xestión sustentable de pastos

Artigo 61. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación de bovino, ovino, cabrún e/ou equino inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e que se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 62. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 48 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 63. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Dispoñer dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable.

b) Manter unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha.

c) Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas ás cales se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a esta ao inicio do compromiso.

d) Non implantar cultivos nas superficies con pendentes maiores do 10 %, excepto para establecer pasteiros ou rexenerar o pasto.

e) A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos de prados de menos de 5 anos) será menor ou igual ao 20 % da superficie forraxeira da explotación.

f) O pastoreo ocupará polo menos o 70 % da superficie de prados e pastos permanentes da explotación.

g) Manter actualizado un caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XI.

2. Para o cálculo da superficie indemnizable só se considerará a superficie forraxeira situada no concello da explotación ou limítrofes e que sexa obxecto destes compromisos. Para este cálculo non se computarán:

a) As superficies de uso en común.

b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

3. Na superficie de pastos arbustivos e pastos arborados aplicarase un coeficiente redutor de 0,30 ao importe unitario da axuda.

4. Os compromisos non se aplicarán a parcelas fixas senón a nivel de superficie.

Artigo 64. Duración dos compromisos e solicitude de pagamento

Os compromisos contraeranse por cinco anos e durante este período non será posible o incremento das superficies comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 65. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 120 €/ha de superficie indemnizable salvo para os pastos arbustivos e pastos arborados que será de 36 €/ha.

Subsección 4ª. Extensificación do vacún de leite

Artigo 66. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) que cumpran as condicións de elixibilidade e que se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 67. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 48 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 68. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Dispor dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable.

b) Manter unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha.

c) Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas ás cales se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a esta ao inicio do compromiso.

d) Non implantar cultivos nas superficies con pendentes maiores do 10 %, excepto para establecer pasteiros ou rexenerar o pasto.

e) As UGM correspondentes aos animais de máis de 12 meses de razas bovinas de aptitude eminentemente leiteira deberán ser, polo menos, o 70 % do total de UGM da explotación.

f) A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos de prados de menos de 5 anos) será menor ou igual ao 25 % da superficie forraxeira da explotación (excluíndo o pasto arbustivo e o pasto con arboredo).

g) O pastoreo ocupará polo menos o 50 % da superficie de prados (temporais e permanentes) da explotación.

h) Manter actualizado un caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XI.

2. Para o cálculo da superficie indemnizable só se considerará a superficie forraxeira situada no concello da explotación ou limítrofes e que sexa obxecto destes compromisos. Para este cálculo non se computarán:

a) As superficies de pastos arbustivos e pastos arborados.

b) As superficies de uso en común.

c) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Os compromisos non se aplicarán a parcelas fixas senón a nivel de superficie.

Artigo 69. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por cinco anos e durante este período non será posible o incremento das superficies comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 70. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 170 €/ha de superficie indemnizable.

Subsección 5ª. Criterios de prioridade

Artigo 71. Criterios de priorización

1. Os criterios de prioridade que se aplicarán son os seguintes:

a) Solicitantes cuxas explotacións teñan polo menos o 30 por cento da superficie ou dos animais, no caso de non dispoñer de superficie, en concellos de montaña identificados como tal no anexo V desta orde: 2 puntos. Este criterio non se aplica no caso da apicultura para a conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais.

b) Solicitantes cuxas explotacións teñan polo menos o 30 por cento da superficie ou dos animais ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en Rede Natura 2000: 1 punto.

2. No caso de igualdade de puntos terán preferencia os solicitantes con menor proporción de superficie declarada de pastos arbustivos e arborados sobre a superficie total da explotación. Se se produce un empate na dita proporción, terán preferencia os solicitantes con maior número de unidades comprometidas.

Sección 3ª. Agricultura ecolóxica

Artigo 72. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas concederanse aos agricultores que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes en compromisos relacionados coa agricultura ecolóxica. As axudas compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

2. Os compromisos de agricultura ecolóxica a que se poderán acoller os agricultores polas unidades de produción (superficies ou colmeas) da súa explotación localizadas na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Conversión á agricultura ecolóxica

b) Mantemento de agricultura ecolóxica

Artigo 73. Incompatibilidades

Os compromisos indicados no artigo anterior son incompatibles entre si. Por outra banda, estes compromisos respecto ás axudas de agroambiente e clima reguladas na sección 2ª deste capítulo, unicamente serán compatibles co compromiso de razas autóctonas en perigo de extinción.

Subsección 1ª. Conversión á agricultura ecolóxica

Artigo 74. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no correspondente rexistro de explotacións, que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

2. En todo caso, só se poderán beneficiar desta axuda os agricultores nos cales todas as unidades de produción (superficies e colmeas) da súa explotación inscritas nos rexistros de operadores de agricultura ecolóxica se encontren en período de conversión e este finalice a partir do 1 de xullo, inclusive, do ano da solicitude de pagamento.

Artigo 75. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 48.

Artigo 76. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) nº 2092/91, e demais normativa de aplicación durante todo o ano natural.

b) Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica.

c) Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo co Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño.

d) Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas ás cales se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a esta ao inicio do compromiso.

e) En caso de apicultura ecolóxica manteranse durante os anos que dura o compromiso, as colmeas comprometidas que como mínimo serán 80. Se se dispón de varias alvarizas, a distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

f) Manter actualizado o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica para os efectos dun control das producións. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XI.

2. Os compromisos aplicaranse a parcelas fixas.

Artigo 77. Duración dos compromisos e solicitude de pagamento

1. Os compromisos contraeranse por un período de cinco anos divididos en dous tramos:

a) Conversión á agricultura ecolóxica. Estará suxeito ao establecido nesta subsección e terá unha duración máxima de dous anos en cultivos anuais e pastos e de tres anos en cultivos permanentes distintos de pastos.

b) Mantemento da agricultura ecolóxica. Estará suxeito ao establecido na seguinte subsección e estenderase o número de anos necesarios para completar o período de cinco anos de compromisos.

2. Durante todo o período de compromisos non será posible aumentar as unidades comprometidas.

3. Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 78. Importe da axuda

1. Establécense distintos importes de axuda por superficie indemnizable, que será aquela en que se respectan os compromisos desta axuda. Non serán indemnizables as seguintes superficies:

a) As superficies de uso en común.

b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Os importes unitarios de axuda son os que se indican a continuación:

a) Agricultura ecolóxica:

1º. Cultivos herbáceos: 245 euros por hectárea de superficie indemnizable.

2º. Froiteiras (pebida e carabuña): 385 euros por hectárea de superficie indemnizable.

3º. Outras froiteiras (castiñeiro, etc.): 165 euros por hectárea de superficie indemnizable.

4º. Hortícolas aire libre: 469 euros por hectárea de superficie indemnizable.

5º. Hortícolas baixo plástico: 600 euros por hectárea de superficie indemnizable.

6º. Viñedo para vinificación: 897 euros por hectárea de superficie indemnizable.

b) Gandaría ecolóxica, considéranse indemnizables as superficies situadas no concello da explotación ou limítrofes, cos seguintes importes por grupo de cultivo:

1º. Prados e cultivos forraxeiros: 331 euros por hectárea de superficie indemnizable.

2º. Pastos arbustivos e arboredos: 99 euros por hectárea de superficie indemnizable.

c) Apicultura ecolóxica:

Establécese unha axuda de 35 euros por colmea en conversión, cun máximo de 80 colmeas por alvariza. Só se computarán as colmeas localizadas en alvarizas que estean a unha distancia de, polo menos, 1 km respecto do resto de alvarizas do mesmo apicultor. Ademais, para seren primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pagamento e deberán constar na base de datos oficial do Rega.

Subsección 2ª. Mantemento de agricultura ecolóxica

Artigo 79. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no correspondente rexistro de explotacións, que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condiciones de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 80. Condiciones de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 48.

Artigo 81. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño, e demais normativa de aplicación durante todo o ano natural.

b) Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica

c) Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo co Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño.

d) Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas ás cales se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a ela ao inicio do compromiso.

e) En caso de apicultura ecolóxica manteranse durante os anos que dura o compromiso, as colmeas comprometidas que como mínimo serán 80. Se se dispón de varias alvarizas, a distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

f) Manter actualizado o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica para os efectos dun control das producións. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XI.

2. Os compromisos aplicaranse a parcelas fixas.

Artigo 82. Duración dos compromisos e solicitude de pagamento

Os compromisos contraeranse por un período de cinco anos. Durante este período non será posible aumentar as unidades comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 83. Importe da axuda

1. Establécense distintos importes de axuda por hectárea de superficie indemnizable, que será aquela en que se respectan os compromisos desta axuda. Non serán indemnizables as seguintes superficies:

a) As superficies de uso en común.

b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Os importe unitarios de axuda son os que se indican a continuación:

a) Agricultura ecolóxica:

1º. Cultivos herbáceos: 213 euros por hectárea de superficie indemnizable.

2º. Froiteiras (pebida e carabuña): 335 euros por hectárea de superficie indemnizable.

3º. Outras froiteiras (castiñeiro, etc.): 143 euros por hectárea de superficie indemnizable.

4º. Hortícolas aire libre: 408 euros por hectárea de superficie indemnizable.

5º. Hortícolas baixo plástico: 560 euros por hectárea de superficie indemnizable.

6º. Viñedo para vinificación: 780 euros por hectárea de superficie indemnizable.

b) Gandaría ecolóxica, considéranse indemnizables as superficies situadas no concello da explotación ou limítrofes cos seguintes importes por grupo de cultivo:

1º. Prados e cultivos forraxeiros: 288 euros por hectárea indemnizable.

2º. Pastos arbustivos e arboredos: 86 euros por hectárea indemnizable.

c) Apicultura ecolóxica

Establécese unha axuda de 30 € por colmea, con un máximo de 80 colmeas por alvariza. Só se computarán as colmeas localizadas en alvarizas que estean a unha distancia de, polo menos, 1 km respecto do resto de alvarizas do mesmo apicultor. Ademais, para seren primables, as coordenadas de localización de cada alvariza figurarán obrigatoriamente na solicitude de pagamento e deberán constar na base de datos oficial do Rega.

Subsección 3ª. Criterios de prioridade

Artigo 84. Criterios de priorización

1. Os criterios de prioridade que se aplicarán son os seguintes:

a) Solicitantes cuxas explotacións teñan polo menos o 30 por cento da superficie ou dos animais ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en concellos de montaña identificados como tal no anexo V desta orde: 2 puntos.

b) Solicitantes cuxas explotacións teñan polo menos o 30 por cento da superficie ou dos animais ou colmeas, no caso de non dispoñer de superficie, en Rede Natura 2000: 1 punto.

2. No caso de igualdade de puntos terán preferencia os solicitantes con menor proporción de superficie declarada de pastos arbustivos e arborados sobre a superficie total da explotación. Se se produce un empate na dita proporción, terán preferencia os solicitantes con maior número de unidades comprometidas.

Disposición adicional primeira. Dotación orzamentaria

A concesión destas axudas realizarase con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal conforme os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2016, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

1. Para as axudas especificadas no título II desta orde:

a) Aplicación 13.80.713F.779.0, superficies e intervención de mercado por importe de cen mil (100.000) euros.

b) Aplicación 13.80.713F.779.1, primas gandeiras, por importe de corenta e tres millóns setecentos dezaseis mil catrocentos dezanove (43.716.419) euros.

2. Para as axudas especificadas no título III desta orde:

a) Aplicación 13.20.713B.770.0, compromisos da anualidade 2016 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas de forestación de terras non agrícolas por importe de cincocentos trinta e seis mil novecentos dous con sesenta e seis (536.902,66) euros.

b) Aplicación 13.80.712B.772.1:

1º. Pagamentos a zonas con limitacións naturais, por importe de vinte millóns (20.000.000) de euros.

2º. Compromisos para o exercicio 2016 nas axudas relativas á medida de agroambiente e clima, por importe de nove millóns setecentos sesenta e sete mil cincocentos vinte con oitenta e catro (9.767.520,84) euros.

3º. Compromisos para o exercicio 2016 nas axudas relativas á medida de agricultura ecolóxica, por importe dun millón cincocentos corenta e oito mil setenta e catro con vinte e tres (1.548.074,23) euros.

4º. Axudas da medida de agroambiente e clima (novos compromisos), por importe de catrocentos noventa e un mil setecentos sete con dezaseis (491.707,16) euros no ano 2016; para o ano 2017, catro millóns catrocentos vinte e cinco mil trescentos sesenta e catro con corenta e catro (4.425.364,44) euros; para o ano 2018, catro millóns novecentos dezasete mil setenta e un con sesenta (4.917.071,60) euros; para o ano 2019, catro millóns novecentos dezasete mil setenta e un con sesenta (4.917.071,60) euros; para o ano 2020, catro millóns novecentos dezasete mil setenta e un con sesenta (4.917.071,60) euros; e para o ano 2021, catro millóns novecentos dezasete mil setenta e un con sesenta (4.917.071,60) euros.

5º. Axudas da medida de agricultura ecolóxica (novos compromisos), por importe de douscentos cincuenta mil (250.000,00) euros no ano 2016; para o ano 2017, dous millóns douscentos cincuenta mil (2.250.000,00) euros; para o ano 2018, dous millóns cincocentos mil (2.500.000,00) euros; para o ano 2019, dous millóns cincocentos mil (2.500.000,00) euros; para o ano 2020, dous millóns cincocentos mil (2.500.000,00) euros; e para o ano 2021, dous millóns cincocentos mil (2.500.000,00) euros.

Disposición adicional segunda. Incremento das dotacións previstas

As dotacións orzamentarias indicadas na disposición anterior poderán incrementarse, se for procedente, con outros fondos do Feaga e do Feader, dos orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma. Nese suposto tramitarase o oportuno expediente de xeración, ampliación ou transferencia de crédito. En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional terceira. Pagamentos no exercicio 2017

A concesión e pagamentos das axudas previstas nesta orde que se teñan que efectuar no exercicio seguinte realizaranse con cargo ao proxecto de orzamentos de gastos do Fogga e da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal dese exercicio, nas aplicacións orzamentarias sinaladas na disposición adicional primeira.

Disposición adicional cuarta. Participación das oficinas agrarias comarcais

As oficinas agrarias comarcais colaborarán na tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Disposición adicional quinta. Normativa de aplicación

En todo o non previsto nesta orde deberá respectarse a normativa comunitaria de aplicación e a normativa estatal de transposición, entre outras, as seguintes disposicións:

a) Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

b) Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da política agrícola común e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.

c) Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

d) Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural.

e) Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común.

f) Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.

g) Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

Disposición adicional sexta. Normativa de aplicación na tramitación da prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e para o fomento das frondosas caducifolias

Así mesmo, para os efectos da tramitación da prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias tamén será de aplicación o establecido nas correspondentes bases reguladoras que se citan de seguido:

a) Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 93, do 15 de maio).

b) Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 116, do 18 de xuño).

c) Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

d) Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

e) Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

f) Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 50, do 12 de marzo).

g) Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

h) Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro).

Disposición adicional sétima. Obrigas de información

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir os órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima, os solicitantes das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Servizo de Auditoría Interna dos fondos agrarios europeos do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposición adicional oitava. Reintegro de axudas e pagamentos indebidos

Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro, así como o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional novena. Publicidade das axudas

Nos termos establecidos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Fogga publicará no DOG as axudas concedidas excepto no suposto previsto no artigo 15.2.c) en que poderán utilizarse outros procedementos para darlles publicidade. En calquera caso, todas as axudas concedidas publicaranse na páxina web da Consellería do Medio Rural, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Disposición adicional décima. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual rango ou inferior a esta orde en todo aquilo en que non estean de acordo co establecido nela.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa.

Facúltase a persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I
Documentación complementaria

A. Solicitude única. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac. Solicitude de dereitos de pagamento básico da reserva nacional e cesións de dereitos de pagamento básico.

a) Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.

b) Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

c) Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.

d) Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non é persoa física ou, sendo persoa física, non é quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

B. Solicitude única.

Ademais da documentación indicada la letra A deste anexo e da documentación adicional indicada no punto V do anexo VII do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, presentarase a documentación que se relaciona a continuación:

1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:

Certificado da entidade xestora, segundo o modelo do anexo IV-A, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos Sixpac e os tipos de pasto que a compoñen, deberán ser remitidas polo representante da entidade ao Servizo Territorial do Fogga.

2. Para acreditar a condición de agricultor activo:

a) Persoas físicas que non outorguen a autorización para recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:

1º. Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente. Se non se fixo nunca a declaración do IRPF, achegarase o impreso de alta censual (modelo 036 ou 037).

2º. Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.

b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. De ser o caso, por petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única:

1º. Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas (S.C. ou C.B.).

2º. Outra documentación acreditativa dos ingresos agrarios do solicitante.

3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.

Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.

4. Pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola:

1º. Se é o caso, documentación que acredite un nivel de capacitación agraria suficiente

2º. Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos exercen o control efectivo da persoa xurídica, é dicir, que a súa participación no capital social é máis da metade do capital social desta e que posúen máis da metade dos dereitos de voto dentro dela.

5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:

a) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras no agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias:

1º. Factura.

2º. Xustificante de pagamento desta.

3º. No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia, no cal figurarán horas de traballo/superficie, custo/hora,… e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, xunto cos xustificantes dos gastos polo importe total do investimento.

4º. Declaración doutras axudas segundo o modelo do anexo XII.

b) Pagamentos a zonas con limitacións naturais. No caso das persoas físicas que non teñan a condición de explotación prioritaria:

1º. Declaración do IRPF do ano 2014, ou compromiso de presentar a do ano 2015, se é novo solicitante.

2º. Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.

3º. Informe de vida laboral do solicitante. Non será exixible se o solicitante autoriza o Fogga para solicitar directamente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a certificación ou información suficiente que xustifique tal circunstancia.

Non serán exixibles os documentos anteriores se o solicitante autoriza o Fogga para solicitar directamente á Axencia Estatal da Administratición Tributaria e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a certificación ou información necesaria para xustificar a súa condición de agricultor a título principal.

c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica:

No caso de non autorizar o órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes destas axudas deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:

1º. Para todas as liñas de axuda: informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o aconsellamento especializado.

2º. Razas autóctonas en perigo de extinción:

– Certificado da Asociación Xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida que teña como obxectivo a mellora e conservación da raza autóctona en perigo de extinción pola que se solicita a axuda, onde se indica que o solicitante da axuda ten a condición de socio da asociación e a relación de animais pertencentes ao solicitante que están inscritos nos libros ou rexistros correspondentes, con indicación expresa, de ser o caso, da súa identificación individual, data de nacemento e sexo.

– Certificado asinado polo técnico responsable do Programa de mellora xenética de participación do solicitante no citado programa.

3º. Agricultura ecolóxica: certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) que acrediten a inscrición no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica así como o respecto das técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) nº 834/2007 e demais normativa de aplicación.

C. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a seguinte documentación en función do tipo de alegación solicitada:

1. Tipos de alegacións.

Tipo

Definición

1

Cambio de uso nun recinto completo

2

Cambio de sistema de explotación (secaño/regadío) para todos os usos Sixpac agás os usos non agrarios nun recinto completo

3

Partición dun recinto para cambiar o uso dunha parte del

4

Partición dun recinto para cambiar o sistema de explotación (secaño/regadío) dunha parte del

5

Existencia de parcela situada en zona urbana que ten uso agrícola

9

Cambio do CAP nun recinto completo de pastos

11

Elementos estruturais: inclusión, eliminación, cambio de tipoloxía e/ou modificación de xeometría

12

Reinicio da actividade agraria nun recinto con cultivo abandonado. Incidencia 117

24

Partición dun recinto de pastos para cambiar o CAP nunha parte del

13

Outras non previstas anteriormente

2. Documentación para cada tipo de alegación.

Tipo de documentación

Obriga de presentala segundo o tipo de alegación

Saída gráfica obtida mediante o visor do Sixpac, delimitando, de ser o caso (mediante un bosquexo acoutado) a superficie afectada pola alegación, con explicación breve do motivo da alegación

Sempre

Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na Oficina Virtual de Catastro

Para os tipos 2 e 4 se o cambio é de regadío a secaño

Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente

Para os tipos 2 e 4 sempre

Saída gráfica do catastro de urbana coa parcela catastral obxecto da alegación

Para o tipo 5 sempre

Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere conveniente

 

D. Solicitude de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a documentación que se indica no anexo V do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

E. Cesións de dereitos de pagamento básico.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a documentación necesaria para xustificar o tipo de cesión solicitado de acordo co indicado no anexo VI do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

ANEXO II
Razas bovinas de aptitude láctea

Angler Rotvieh (Ageln)-Rød dansk mælkerace (RMD)-German Red-Lithuanian Red

Ayreshire

Armoricaine

Bretonne Pie-noire

Frisona

Groninger Blaarkop

Guernsey

Jersey

Malkeborthorn

Reggiana

Valdostana nera

Itäsuomenkarja

Länsisuomenkarja

Pohjoissuomenkaja

Fleckvieh

Montebeliard

Parda

ANEXO III
Zonas de concentración parcelaria en que se admiten referencias identificativas correspondentes a planos de concentración

Provincia

Concello

Código zona

Nome da zona

15

A Coruña

12

Boqueixón

1

Boqueixón-Granxa II

15

A Coruña

26

Cesuras

2

Borrifáns

15

A Coruña

26

Cesuras

3

Filgueira de Traba

15

A Coruña

26

Cesuras

4

Filgueira de Barranca-Trasanquelos

15

A Coruña

29

Coristanco

1

Couso

15

A Coruña

46

Mazaricos

1

Arcos

15

A Coruña

47

Melide

1

Maceda-Orois

15

A Coruña

48

Mesía

6

Xanceda-Mesía II

15

A Coruña

60

Ordes

2

Beán-Pereira II

15

A Coruña

67

O Pino

7

Monte de Santa María de Budiño

15

A Coruña

80

Santiso

7

Visantoña

15

A Coruña

80

Santiso

8

Novela-Liñares-Pezobrés

15

A Coruña

80

Santiso

9

Niñodaguia-Serantes (2º sector)

27

Lugo

1

Abadín

5

Fanoi

27

Lugo

2

Alfoz

1

Pereiro-As Oiras

27

Lugo

4

Baleira

3

Fonteo

27

Lugo

4

Baleira

4

Pousada

27

Lugo

4

Baleira

5

A Braña

27

Lugo

10

Castro de Rei

1

Ramil

27

Lugo

10

Castro de Rei

2

San Xiao de Mos

27

Lugo

15

Cospeito

1

Goá

27

Lugo

30

Mondoñedo

1

Zona norte

27

Lugo

30

Mondoñedo

1

Sasdónigas

27

Lugo

54

Riotorto

1

Orrea-Galegos

27

Lugo

63

O Valadouro

2

Frexulfe

32

Ourense

2

Allariz

1

San Vitoiro-Urrós

32

Ourense

21

Cartelle

1

Vilardevacas

32

Ourense

37

Xunqueira de Ambía

2

A Graña

32

Ourense

48

A Merca

1

Faramontaos-Proente

32

Ourense

54

Oimbra

1

Espiño-Videferree

32

Ourense

86

Verín

1

Mandín-Feces

32

Ourense

86

Verín

2

Mourazos-Tamagos-Tamaguelos

36

Pontevedra

13

O Covelo

1

Prado-Godóns

36

Pontevedra

13

O Covelo

2

A Graña-Campo

36

Pontevedra

13

O Covelo

3

Barcia de Mera

36

Pontevedra

24

Lalín

5

Vilatuxe

ANEXO IV-A
Certificación de aproveitamento de pastos permanentes de uso en común.
Solicitude única de axudas PAC/DR. Campaña 2016

Don/Dona ..................................................................................... con DNI ........................ e teléfono ..........................., actuando en calidade de secretario/presidente da entidade

(Rísquese o que non proceda)

……………………..................................................................................................................................................., co NIF................................... e código de comunal ................. ............................, do lugar de ………......................................., parroquia de …….........................................................., concello de ........................................................

CERTIFICO:

Primeiro:

Que a superficie neta total de pastos permanentes de uso en común no dito comunal é de …......................... ha.

Segundo:

Que Don/Dona. ..........................................................................................., co NIF ..............................., aproveita nesta superficie de uso en común as superficies netas de:

Utilización

Superficie neta (ha) (*)

A. Pasteiros ou prados ≥ 5 anos

B. Pasto arbustivo ou pasto con arboredo

E para que así conste, e unicamente para os efectos de declaración de pastos permanentes na solicitude única de axudas PAC/DR-2016, expido esta certificación.

...........................................,....... de ............................... de 2016

Sinatura

(*) Superficies de pasto permanente totais individuais, dependendo da porcentaxe que lle corresponda da superficie neta total de pastos en cada utilización.

ANEXO IV-B
Relación de parcelas ou recintos con pastos permanentes de uso en común.
Axudas PAC/DR. Campaña 2016

Don/Dona .................................................................................... con DNI ........................ e teléfono ..........................., actuando en calidade de secretario/presidente da entidade

(Rísquese o que non proceda)

……………………............................................................................................................., co NIF.............................. e código de comunal ......................., do lugar de ..........................., parroquia de ……............................................................., concello de .................................

CERTIFICO:

Primeiro:

Que a superficie neta total de pastos permanentes de uso en común no dito comunal é de ..................... ha.

Segundo:

Que a relación de recintos Sixpac e o tipo de pastos permanentes en que se descompón esa superficie é:

Referencias identificativas

Propiedades da referencia

Utilización

Nº orde

Provincia

Concello (catastral)

Tipo ref.

Zona

Polígono

Parcela

Recinto

Sup. total (ha)

Uso Sixpac

Cap. (1)

Sup. admisible (ha)

Sup. sem. total (ha)

Código (2)

Sup. neta (ha) (3)

Cód.

Nome

Cap.ofi.

Cap.

pro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Observacións:

(1) CAP = coeficiente de admisibilidade do pasto correspondente ao recinto Sixpac, se o uso do recinto é «PR» ou «PA» expresado en porcentaxe sen decimais.

CAP OFI: valor do CAP oficial do recinto.

CAP PROP: valor do CAP proposto no recinto. De acordo co artigo 19 da orde, revisarase esta porcentaxe e, no caso de modificala, anotarase un dos valores seguintes: 25, 35, 45, 55, 65, 75, 85 ou 100.

(2) Poñer A ou B, sendo:

A = pasteiros ou prados ≥ 5 anos.

B = pasto arbustivo ou pasto con arboredo.

(3) No caso de utilización «A», coincidirá coa sup. sem. total.

No caso de utilización «B» na cal non se actualiza o CAP, sup. neta = sup. sem. total × CAP OFI

No caso de utilización «B» cando se actualiza o CAP PROP, sup. neta = sup. sem. total × CAP PROP.

En ...................................................., .... de ................................... de 2016

O representante

Asdo.: ...............................................................................

ANEXO V
Zonas desfavorecidas na Comunidade Autónoma de Galicia

Os concellos de Galicia que figuran a continuación están incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas tal como se definen nos números 3 (zonas de montaña) e 4 (outras zonas desfavorecidas) do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE, de acordo coa Directiva do Consello 86/466/CEE, do 14 de xullo de 1986.

Provincia: 15. A Coruña.

Código

Concello

Tipo zona

1503003

Aranga

Montaña

1503006

Arzúa

Outras

1503010

Boimorto

Outras

1503018

Capela, A

Montaña

1501022

Cedeira

Montaña

1503024

Cerceda

Outras

1501025

Cerdido

Montaña

1501027

Coirós

Montaña

1503032

Curtis

Outras

1503038

Frades

Outras

1503039

Irixoa

Outras

1501044

Mañón

Montaña

1503046

Melide

Outras

1503047

Mesía

Outras

1503050

Monfero

Montaña

1503059

Ordes

Outras

1503060

Oroso

Outras

1501061

Ortigueira

Montaña

1503066

Pino, O

Outras

1503070

Pontes de García Rodríguez, As

Montaña

1501076

San Sadurniño

Montaña

1503079

Santiso

Outras

1503080

Sobrado

Outras

1503081

Somozas, As

Montaña

1503083

Toques

Outras

1503084

Tordoia

Outras

1503085

Touro

Outras

1503086

Trazo

Outras

1503088

Val do Dubra

Outras

1503090

Vilasantar

Outras

1501901

Cariño

Montaña

Provincia: 27. Lugo.

Código

Concello

Tipo zona

2702001

Abadín

Montaña

2701002

Alfoz

Montaña

2703003

Antas de Ulla

Outras

2704004

Baleira

Montaña

2704006

Becerreá

Montaña

2702007

Begonte

Outras

2705008

Bóveda

Outras

2705009

Carballedo

Montaña

2702010

Castro de Rei

Outras

2703011

Castroverde

Outras

2704012

Cervantes

Montaña

2703014

Corgo, O

Outras

2702015

Cospeito

Outras

2705016

Chantada

Montaña

2705017

Folgoso do Courel

Montaña

2704018

Fonsagrada, A

Montaña

2703020

Friol

Outras

2702021

Xermade

Montaña

2702022

Guitiriz

Montaña

2703023

Guntín

Outras

2703024

Incio, O

Montaña

2703026

Láncara

Montaña

2703028

Lugo

Outras

2702029

Meira

Montaña

2701030

Mondoñedo

Montaña

2705031

Monforte de Lemos

Outras

2703032

Monterroso

Outras

2702033

Muras

Montaña

2704034

Navia de Suarna

Montaña

2704035

Negueira de Muñiz

Montaña

2704037

Nogais, As

Montaña

2701038

Ourol

Montaña

2703039

Outeiro de Rei

Outras

2703040

Palas de Rei

Outras

2705041

Pantón

Outras

2703042

Paradela

Montaña

2703043

Páramo, O

Outras

2702044

Pastoriza, A

Outras

2704045

Pedrafita do Cebreiro

Montaña

2702046

Pol

Outras

2705047

Pobra do Brollón, A

Montaña

2701048

Pontenova, A

Montaña

2703049

Portomarín

Outras

2705050

Quiroga

Montaña

2705052

Ribas de Sil

Montaña

2702053

Ribeira de Piquín

Montaña

2701054

Riotorto

Montaña

2703055

Samos

Montaña

2703056

Rábade

Outras

2703057

Sarria

Outras

2705058

Saviñao, O

Outras

2705059

Sober

Outras

2705060

Taboada

Outras

2704062

Triacastela

Montaña

2701063

Valadouro, O

Montaña

2702065

Vilalba

Outras

2704901

Baralla

Montaña

Provincia: 32. Ourense.

Código

Concello

Tipo zona

3201001

Allariz

Outras

3201002

Amoeiro

Outras

3201003

Arnoia, A

Montaña

3201004

Avión

Montaña

3203005

Baltar

Montaña

3203006

Bande

Montaña

3203007

Baños de Molgas

Outras

3201008

Barbadás

Outras

3202009

Barco de Valdeorras, O

Montaña

3201010

Beade

Outras

3201011

Beariz

Montaña

3203012

Blancos, Os

Montaña

3201013

Boborás

Outras

3201014

Bola, A

Outras

3202015

Bolo, O

Montaña

3203016

Calvos de Randín

Montaña

3202017

Carballeda de Valdeorras

Montaña

3201018

Carballeda de Avia

Outras

3201019

Carballiño, O

Outras

3201020

Cartelle

Outras

3203021

Castrelo do Val

Montaña

3201022

Castrelo de Miño

Outras

3202023

Castro Caldelas

Montaña

3201024

Celanova

Outras

3201025

Cenlle

Outras

3201026

Coles

Outras

3201027

Cortegada

Outras

3203028

Cualedro

Montaña

3202029

Chandrexa de Queixa

Montaña

3203030

Entrimo

Montaña

3201031

Esgos

Montaña

3203032

Xinzo de Limia

Outras

3201033

Gomesende

Montaña

3202034

Gudiña, A

Montaña

3201035

Irixo, O

Montaña

3203036

Xunqueira de Ambía

Outras

3201037

Xunqueira de Espadanedo

Montaña

3202038

Larouco

Montaña

3203039

Laza

Montaña

3201040

Leiro

Otras

3203041

Lobeira

Montaña

3203042

Lobios

Montaña

3203043

Maceda

Montaña

3202044

Manzaneda

Montaña

3201045

Maside

Otras

3201046

Melón

Montaña

3201047

Merca, A

Otras

3202048

Mezquita, A

Montaña

3202049

Montederramo

Montaña

3203050

Monterrei

Montaña

3203051

Muíños

Montaña

3201052

Nogueira de Ramuín

Montaña

3203053

Oímbra

Montaña

3201054

Ourense

Otras

3201055

Paderne de Allariz

Otras

3201056

Padrenda

Montaña

3202057

Parada de Sil

Montaña

3201058

Pereiro de Aguiar, O

Otras

3201059

Peroxa, A

Montaña

3202060

Petín

Montaña

3201061

Piñor

Montaña

3203062

Porqueira

Outras

3202063

Pobra de Trives, A

Montaña

3201064

Pontedeva

Outras

3201065

Punxín

Outras

3201066

Quintela de Leirado

Montaña

3203067

Rairiz de Veiga

Montaña

3201068

Ramirás

Outras

3201069

Ribadavia

Outras

3202070

San Xoán de Río

Montaña

3203071

Riós

Montaña

3202072

Rúa, A

Montaña

3202073

Rubiá

Montaña

3201074

San Amaro

Outras

3201075

San Cibrao das Viñas

Outras

3201076

San Cristovo de Cea

Outras

3203077

Sandiás

Outras

3203078

Sarreaus

Outras

3201079

Taboadela

Outras

3202080

Teixeira, A

Montaña

3201081

Toén

Outras

3203082

Trasmiras

Outras

3202083

Veiga, A

Montaña

3203084

Verea

Montaña

3203085

Verín

Montaña

3202086

Viana do Bolo

Montaña

3201087

Vilamarín

Outras

3202088

Vilamartín de Valdeorras

Montaña

3203089

Vilar de Barrio

Montaña

3203090

Vilar de Santos

Outras

3203091

Vilardevós

Montaña

3202092

Vilariño de Conso

Montaña

Provincia: 36. Pontevedra.

Código

Concello

Tipo zona

3604001

Arbo

Montaña

3603007

Campo Lameiro

Montaña

3603009

Cañiza, A

Montaña

3601011

Cerdedo

Montaña

3603012

Cotobade

Montaña

3603013

Covelo

Montaña

3604014

Crecente

Montaña

3601015

Cuntis

Outras

3601016

Dozón

Montaña

3601017

Estrada, A

Outras

3601018

Forcarei

Montaña

3603019

Fornelos

Montaña

3601020

Agolada

Outras

3601024

Lalín

Outras

3603025

Lama, A

Montaña

3604030

Mondariz

Montaña

3604034

Neves, As

Montaña

3603037

Pazos de Borbén

Montaña

3603043

Ponte Caldelas

Montaña

3601047

Rodeiro

Outras

3601052

Silleda

Outras

3601059

Vila de Cruces

Outras

ANEXO VI
Requisitos legais de xestión

Ámbito

Aspecto principal

Requisitos

Normas nacionais de referencia

Ambiente, cambio climático, boas condicións agrícolas da terra

Auga

RLX 1

Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias (DO L 375 do 31.12.1991, p. 1).

Artigos 4 e 5: cumprimento das medidas establecidas nos programas de actuación, nas explotacións agrícolas e gandeiras situadas en zonas declaradas pola Comunidade Autónoma como zonas vulnerables.

Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Biodiversidade

RLX 2

Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres (DO L 20 do 26.1.2010, p. 7).

Artigo 3, número 1, artigo 3, número 2, letra b), e artigo 4, números 1, 2 e 4. Preservar os espazos que constitúen os hábitats naturais das especies de aves migratorias, ameazadas e en perigo de extinción.

Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e a biodiversidade.

Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

RLX 3

Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (DO L 206 do 22.7.1992, p. 7).

Artigo 6, números 1 e 2: conservación de hábitats e especies da Rede Natura 2000.

Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade

Seguridade alimentaria

RLX 4

Regulamento (CE) nº 178/2002 del Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO L 31 do 1.2.2002, p. 1).

Artigos 14 e 15, artigos 17, número 1*, e artigos 18, 19 e 20.

Art. 14: os produtos da explotación destinados a seren comercializados como alimentos deben seren seguros.

Art. 15: comprobar que nas explotacións gandeiras destinadas á produción de alimentos non existen nin se lles dá aos animais pensos que non sexan seguros.

Art. 17(1) (*): sobre hixiene dos produtos alimentarios e dos pensos (desenvolvido polos regulamentos (CE) nº 852/2004 e 183/2005, e sobre hixiene dos produtos de orixe animal (desenvolvido polo Regulamento (CE) nº 853/2004).

Art. 18: rastrexabilidade. Identificación dos operadores que subministraron a unha explotación pensos, alimentos, animais para produción de alimentos, ou substancias destinadas a seren incorporadas a un penso ou a un alimento e identificación dos operadores aos cales a explotación subministrou os seus produtos.

Art. 19 e 20: responsabilidades dos explotadores de empresas de pensos/alimentos.

Real decreto 821/2008, do 16 de maio, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene de pensos e se establece o Rexistro Xeral de Establecementos no Sector de Alimentación Animal: no referente as obrigas que se deriven da normativa comunitaria específica.

Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

Orde APA/326/2007, do 9 de febreiro, pola que se establecen as obrigas dos titulares de explotacións agrícolas e forestais en materia de rexistro da información sobre o uso de produtos fitosanitarios.

RLX 5

Directiva 96/22/CE do Consello, do 29 de abril de 1996, pola que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tiroestático e substancias β-agonistas na cría de gando (DO L 125 de 23.5.1996, p.3).

Artigo 3, letras a), b), d) e e) e artigos 4, 5 e 7: comprobar que non hai na explotación, salvo que exista unha información, substancias non autorizadas, non administrar as ditas substancias aos animais (salvo as excepcións para os tratamentos zootécnicos ou terapéuticos) e non comercializar animais aos cales se lles subministrasen substancias ou produtos non autorizados e no caso de administración de produtos autorizados que se respectara o prazo de espera prescrito para os ditos produtos.

Real decreto 2178/2004, do 12 de novembro, polo que prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tirostático e substancias beta-agonistas de uso na cría de gando.

Identificación e rexistro de animais

RLX 6

Directiva 2008/71/CE do Consello, do 15 de xullo de 2008, relativa á identificación e ao rexistro de porcos (DO L 213 do 8.8.2005, p. 31).

Artigos 3, 4 e 5.

Art. 3: rexistro de explotacións porcinas por parte dos Estados membros.

Art. 4: condicións dos rexistros das explotacións de animais da especie porcina.

Art. 5: requisitos de identificación e do movemento de animais da especie porcina.

Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies bovina, porcina, ovina y cabrúa.

Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais.

RLX 7

Regulamento (CE) nº 1760/2000 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo á etiquetaxe da carne de vacún e dos produtos a base de carne de vacún (DO L 204 de 11.8.2000, p. 1).

Artigos 4 e 7

Art. 4: requisitos e condicións da marcación auricular da especie bovina.

Art. 7: requisitos e condicións do pasaporte e do rexistro de animais da especie bovina.

Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais.

Orde ARM/687/2009, do 11 de marzo, pola que se modifica o anexo XI do Real decreto 728/2007.

RLX 8

Regulamento (CE) nº 21/2004 do Consello, do 17 de decembro de 2003, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa (DO L 5 do 9.1.2004, p. 8).

Artigos 3, 4 e 5: comprobar a correcta identificación e rexistro do gando ovino-cabrún.

Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Real decreto 685/2013, do 16 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.

Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais.

Enfermidades animais

RLX 9

Regulamento (CE) nº 99/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de maio de 2001, polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles (DO L 147 do 31.5.2001, p. 1).

Artigos 7, 11, 12, 13 e 15

Art. 7: respectar as prohibicións en materia de alimentación dos animais.

Art. 11: cumprimento na notificación de encefalopatías esponxiformes transmisibles.

Art. 12: adopción das medidas relativas aos animais sospeitosos.

Art. 13: adopción das medidas conseguintes á confirmación da presenza de encefalopatías esponxiformes transmisibles.

Art. 15: posta no mercado de animais vivos, esperma, os seus óvulos e embrións.

Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal: no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Produtos fitosanitarios

RLX 10

Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios e polo que se derrogan as directivas 79/117/CEE y 91/414/CEE do Consello (DO L 309 do 24.11.2009, p. 1).

Os produtos fitosanitarios empregaranse axeitadamente.

A utilización axeitada incluirá a aplicación dos principios de boas prácticas fitosanitarias e o cumprimento das condicións establecidas na autorización de comercialización do produto fitosanitario e especificadas na etiqueta.

Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Benestar animal

Benestar animal

RLX 11

Directiva 2008/119/CE do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de xatos (DO L 10 do 15.1.2009, p. 7).

Artigos 3 e 4: condicións das explotacións de xatos e relativas á cría.

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio: no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Real decreto 1047/1994, do 20 de maio, relativa ás normas mínimas para a protección de xatos.

RLX 12

Directiva 2008/120/CE do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de porcos (DO L 47 do 18.2.2009, p. 5).

Artigos 3 e 4: condicións das explotacións de porcos e relativas á cría.

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio: no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Real decreto 1135/2002, do 31 de outubro, relativa ás normas mínimas para a protección de porcos.

RLX 13

Directiva 98/58/CE do Consello, do 20 de xullo de 1998, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras (DO L 221 do 8.8.1998, p. 23).

Artigo 4: condicións de cría e mantemento de animais.

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio: no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Real decreto 348/2000, do 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras.

* Na súa aplicación, en particular, en virtude de:

– Artigo 14 do R. 470/2009 e anexo do R. 37/2010.

– Regulamento (CE) nº 852/2004: artigo 4, número 1, e anexo I, parte A [II.4 letras g), h), j); 5, letras f) e h); 6; III.8, letras a), b), d) e e); 9, letras a) e c)].

– Regulamento (CE) nº 853/2004: artigo 3, número 1, e anexo III, sección IX, capítulo 1 [I.1, letras b), c), d) e e); I.2, letra a), incisos i), ii), iii), letra b), incisos i) e ii), e letra c); I.3; I.4; I.5; II.A, números 1, 2, 3, 4; II.B, 1, letras a) e d); 2, 4, letras a) e b)], anexo III, sección  X, capítulo 1.1.

– Regulamento (CE) nº 183/2005: artigo 5, número 1, e anexo I, parte A [I.4, letras e) e g); II.2, letras a), b) e e)]; artigo 5, número 5, e anexo III, números 1 e 2; artigo 5, número 6.

– Regulamento (CE) nº 396/2005: artigo 18.

ANEXO VII
Boas condicións agrarias e ambientais da terra

Ámbito de ambiente, cambio climático e boa condición agrícola da terra.

1. Aspecto principal: auga.

– BCAM 1. Creación de franxas de protección nas marxes dos ríos.

Nas marxes dos ríos, lagos e lagoas, consideradas a partir da ribeira, non se poderán aplicar fertilizantes nunha franxa cuxo largo será o recollido no Código de boas prácticas agrarias ou outra normativa da Comunidade Autónoma. Ademais, nas ditas franxas respectaranse, se é o caso, o resto de requisitos relativos ás condicións de aplicación de fertilizantes a terras próximas a cursos de auga a que se refire o punto A4 do anexo II da Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos utilizados na agricultura.

Para efectos do parágrafo anterior, considerarase a definición de fertilizantes da alínea e) do artigo 2 da Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991.

De igual modo, nas marxes referidas non se poderán aplicar produtos fitosanitarios nunha franxa de 5 metros de largo sen prexuízo dunha limitación maior recollida na etiqueta dos ditos produtos.

Estas franxas de protección estarán situadas na parcela agrícola ou serán contiguas a ela, de forma que os seus bordos longos sexan paralelos ao bordo da canle ou masa de auga e poderán estar constituídas por vexetación de ribeira.

Na franxa de protección en que non se aplicasen fertilizantes, non haberá produción agrícola, excepto no caso dos cultivos leñosos que xa estean implantados, xa que o arranque podería diminuír a protección das marxes. Poderá permitirse a sementeira de mesturas de flora silvestre, o pastoreo ou a sega, sempre que a franxa de protección siga sendo distinguible da terra agrícola contigua.

Nas ditas franxas poderanse realizar labores superficiais de mantemento, para evitar a proliferación de pragas e enfermidades que constitúan un risco sanitario para os cultivos adxacentes.

missing image file

– BCAM 2. Cumprimento dos procesos de autorización do uso de auga para a rega.

Para as superficies de regadío o agricultor deberá acreditar o seu dereito de uso de auga de rega concedido pola Administración hidráulica competente.

– BCAM 3. Protección das augas subterráneas contra a contaminación: prohibición de verteduras directas nas augas subterráneas e medidas para previr a contaminación indirecta das augas subterráneas mediante a vertedura sobre o terreo e a filtración a través do solo de substancias perigosas, tal como se enumeran no anexo da Directiva 80/68/CEE do Consello, de 17 de decembro de 1979, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas, na súa versión en vigor no seu derradeiro día de vixencia, na medida en que teña relación coa actividade agrícola.

Os agricultores non verterán de forma directa ou indirecta as substancias da lista I da Directiva 80/68/CEE do Consello, do 17 de decembro de 1979 (compostos órgano haloxenados e substancias que poidan orixinar compostos semellantes no medio acuático, compostos órgano fosforados, compostos orgánicos de estaño, substancias que posúan un poder canceríxeno, mutáxeno ou teratóxeno no medio acuático ou a través deste, mercurio e compostos de mercurio, cadmio e compostos de cadmio, aceites minerais e hidrocarburos e cianuros).

Os agricultores non verterán, a non ser que se obteña autorización, de forma directa ou indirecta, as substancias da lista II da Directiva 80/68/CEE do Consello, de 17 de decembro de 1979 (metaloides, determinados metais e os seus compostos, biocidas e os seus derivados que non figuren na lista I, substancias que teñan un efecto prexudicial no sabor e/ou cheiro das augas subterráneas, así como os compostos que poidan orixinar as ditas substancias nas augas, volvéndoas non aptas para o consumo humano, compostos orgánicos de silicio tóxicos ou persistentes e substancias que poidan orixinar os ditos compostos nas augas, salvo aqueles que sexan bioloxicamente inocuos ou que se transformen rapidamente na auga en substancias inocuas, compostos inorgánicos de fósforo elemental, fluoruros, amoníaco e nitritos).

2. Aspecto principal: solo e reserva de carbono.

– BCAM 4. Cobertura mínima do solo.

• Cultivos herbáceos. Nas parcelas agrícolas de secaño que se sementen con cultivos herbáceos de inverno, non se deberá labrar con volteo o solo, entre a data de recollida da colleita anterior e o 1 de agosto, data que se establece como referencia do inicio da presementeira.

• Cultivos leñosos. No caso de cultivos leñosos en pendente igual ou superior ao 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais, será necesario manter unha cuberta vexetal de longo mínimo de 1 metro nas rúas transversais á liña de máxima pendente ou nos corredores paralelos á dita liña, cando o deseño da parcela ou o sistema de rega impidan o seu establecemento noutra dirección.

Non obstante, no momento en que poida competir co cultivo ou imposibilite a súa recollida, a dita cuberta poderá eliminarse mediante métodos químicos ou mecánicos, e poderá ser incorporada mediante un labor superficial, respectando en todo caso o establecido no número relativo a cultivos leñosos da BCAM 5.

O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional, a Administración competente determine e autorice aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren adecuadas.

Non se poderá arrincar ningún pé de cultivos leñosos situados en recintos de pendente igual ou superior ao 15 por cento, agás nas zonas en que así se estableza e sexa obxecto de reposición autorizada pola autoridade competente.

Nestes casos hai que respectar as normas destinadas á súa reconversión cultural e varietal e aos cambios de cultivo ou aproveitamento.

O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación cando a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

• Terras de barbeito e terras sen cultivo. Realizaranse prácticas tradicionais de cultivo, prácticas de mínimo laboreo ou manterase unha cuberta vexetal adecuada, ben sexa espontánea ben mediante a sementeira de especies mellorantes.

As parcelas nas cales non se realice actividade agraria manteranse de acordo coas normas locais que regulen a dita situación.

– BCAM 5. Xestión mínima das terras que reflicta as condicións específicas locais para limitar a erosión.

• Cultivos herbáceos. Nas superficies que se destinen a cultivos herbáceos, non deberá labrarse con volteo a terra na dirección da máxima pendente cando, nos recintos cultivados, a pendente media exceda o 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

• Cultivos leñosos. En cultivos leñosos non deberá labrarse con volteo a favor da pendente a terra en recintos con pendentes superiores o 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais, se adopten formas especiais de cultivo como o cultivo en faixas, se practique labra mínima ou de conservación, ou se manteña unha cobertura de vexetación total do solo. No caso de existencia de bancais, será obrigatorio evitar calquera tipo de labor que afecten a estrutura dos noiros existentes.

O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional, a Administración competente determine e autorice aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren adecuadas. En todos os supostos, a implantación do cultivo farase o máis rapidamente posible, para evitar que o solo se poida verse afectado pola erosión.

– BCAM 6. Mantemento do nivel de materia orgánica no solo mediante prácticas adecuadas, incluída a prohibición de queimar os restrollos, excepto por razóns fitosanitarias.

Non poderán queimarse restrollos en todo o ámbito nacional, salvo que, por razóns fitosanitarias, a queima estea autorizada pola autoridade competente, en que caso estará condicionada ao cumprimento das normas establecidas en materia de prevención de incendios e, en particular, as relativas ao largo mínimo dunha franxa perimetral cando os terreos linden con terreos forestais.

Cando se eliminen restos de colleita de cultivos herbáceos e de poda de cultivos leñosos deberá realizarse, se é o caso, consonte a normativa establecida.

3. Aspecto principal: paisaxe, nivel mínimo de mantemento.

– BCAM 7. Mantemento das particularidades topográficas e prohibición de cortar sebes e árbores durante a temporada de cría e reprodución das aves.

Non se poderá efectuar unha alteración das particularidades topográficas ou elementos da paisaxe definidos no artigo 2 do Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola, salvo no caso de contar con autorización expresa da autoridade competente.

Non obstante, tendo en conta que os elementos da paisaxe protexidos formarán parte da superficie admisible da parcela agrícola na cal estean situados, considérase necesario definir o marco de aplicación e control desta norma para algúns elementos, polo que se establecen os seguintes límites máximos.

– Sebes de largo de ata 10 m.

– Árbores en grupos que ocupen unha superficie máxima de 0,3 ha.

– Lindes de largo de ata 10 metros.

– Charcas, lagoas, estanques e bebedoiros naturais de ata un máximo de 0,1 ha. Non se considerarán os depósitos de cemento ou de plástico.

– Illas e enclaves de vexetación natural ou rocha: ata un máximo de 0,1 ha.

– Socalcos de largo, en proxección horizontal, de ata 10 metros.

missing image file

Non obstante o anterior, queda prohibido cortar tanto sebes coma árbores durante a temporada de cría e reprodución das aves, salvo autorización expresa da autoridade medioambiental. Tomarase como referencia o período comprendido entre os meses de marzo a xullo.

Exceptúanse da obriga establecida no primeiro parágrafo, a construción de paradas para corrección de corgos, regueiros e bancais, así como as operacións de refinación de terras que se realicen naquelas parcelas que se vaian dedicar ao cultivo do arroz e outros de regadío.

ANEXO VIII
Especies e razas autóctonas en perigo de extinción

Especie

Raza

Organismo responsable da xestión do libro xenealóxico

Bovino

Cachena

Asociación de Criadores da Raza Cachena (Cachega)

Caldelá

Asociación de Criadores da Raza Caldelá (Caldega)

Frieiresa

Asociación de Criadores da Raza Frieiresa (Frieirega)

Limiá

Asociación de Criadores da Raza Limiá (Limiaga)

Vianesa

Asociación de Criadores da Raza Vianesa (Vianega)

Ovino

Galega

Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega)

Cabrún

Galega

Asociación de Gandeiros de Cabra Galega (Capriga)

Equino

Cabalo de pura raza galega

Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga)

Porcino

Celta

Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel)

Aves

Galiña de Mos

Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimos)

ANEXO IX
Correlación da liña de base cos compromisos

Agroambiente e clima.

Compromiso agroambiental

Obxectivo ambiental

Liña base

Outra normativa estatal ou autonómica

BCAM

RLX

Compromisos comúns a ambas primas de «Manexo sustentable de pastos»: «Xestión sustentable de pastos» e «Extensificación do vacún de leite»

Dispoñer dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable.

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida melloran se a superficie xestionada de acordo cos compromisos acada unha dimensión suficiente.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter unha carga gandeira entre 0,7 e 2 UGM/ha.

Coa carga gandeira que se establece lograrase un efecto positivo da extensificación sobre o solo, auga, clima, etc., e ademais facilítase un aproveitamento suficiente dos pastos.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas.

Os beneficios ambientais e paisaxísticos que se perseguen con esta submedida só se acadan adecuadamente se a superficie xestionada de acordo cos compromisos establecidos é suficientemente representativa e se mantén.

Ningún

Ningún

Ningún

Nas superficies da explotación con pendentes > 10% non se implantarán cultivos, excepto pradarías ou rexeneración de pasto.

Evitar a erosión e favorecer o efecto ambiental de captura de carbono dos pastos.

BCAM 5 «Xestión mínima das terras que reflicta as condicións específicas locais para limitar a erosión». Os aspectos que hai que verificar son os seguintes:

• Cultivos herbáceos. Nas superficies que se destinen a cultivos herbáceos, non se deberá labrar a terra con volteo na dirección da máxima pendente cando, nos recintos cultivados, a pendente media exceda o 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

Ningún

Ningún

• Cultivos leñosos. En cultivos leñosos non deberá labrarse a terra con volteo a favor da pendente en recintos con pendentes superiores o 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais, se adopten formas especiais de cultivo como o cultivo en faixas, se practique laboreo mínimo ou de conservación, ou se manteña unha cobertura de vexetación total do solo. No caso de existencia de bancais, será obrigatorio evitar calquera tipo de labores que afecten a estrutura dos noiros existentes.

• O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional a Administración competente determine e autorice aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren axeitadas. En todos os supostos, a implantación do cultivo farase o máis rapidamente posible, para evitar que o solo se poida ver afectado pola erosión.

Caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo.

A anotación das prácticas de pastoreo contribúe á verificabilidade e controlabilidade do compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos da prima de «Xestión sustentable de pastos»

A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos dos prados de menos de 5 anos) é menor ou igual ao 20 % da superficie forraxeira da explotación.

A intensificación das producións gandeiras comporta unha elevada produción de gases efecto invernadoiro debido ao maior consumo de combustibles e ao transporte dos alimentos para o gando que se reducen cando se aplica o pastoreo.

O feito de que a maioría da superficie forraxeira da explotación sexa de pastos contribúe a previr a erosión, promove o secuestro de carbono polos pastos permanentes, etc.

Ningún

Ningún

Ningún

Realizar o pastoreo en polo menos o 70 % da superficie de prados e pastos permanentes da explotación.

O manexo do pastoreo cunha carga gandeira adecuada é unha práctica sustentable que permite o aproveitamento dos pastos e simultaneamente evita a súa deteriorización.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos da prima de «Extensificación do vacún de leite»

UGM vacún leite > 12 meses son polo menos o 70 % do total de UGM da explotación.

As explotacións de vacún de leite tenden a modelos intensivos que faciliten o manexo da reprodución e a muxidura entre outros labores.

Ningún

Ningún

Ningún

A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos dos prados de menos de 5 anos) é menor ou igual ao 25 % da superficie forraxeira da explotación (excluíndo o pasto arbustivo e o pasto arborado).

O millo é o principal cultivo das explotacións de vacún de leite de Galicia. Ao limitar a superficie de millo e outros cultivos forraxeiros conséguese unha importante redución do uso de fitosanitarios (herbicidas e insecticidas), e ao mesmo tempo promóvese unha notable extensificación da produción.

Ningún

Ningún

Ningún

Practicar o pastoreo con vacas en polo menos o 50 % da superficie de prados da explotación.

O manexo do pastoreo cunha carga gandeira adecuada é unha práctica sustentable que permite o aproveitamento dos pastos e evita a súa deteriorización. O pastoreo de vacún de leite é moi exixente en man de obra pero achega vantaxes ambientais importantes en canto a menores emisións de GEI.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos en razas autóctonas en perigo de extinción

Dispoñer de máis de 5 UGM primables dunha ou varias das razas autóctonas en perigo de extinción.

Os obxectivos da submedida lograranse de forma máis eficiente exixindo este compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

Cando se trate de especies de ovino, cabrún, equino ou bovino, manter unha carga gandeira entre 0,7 e 2UGM/ha

Trátase de aproveitar as aptitudes destes animais para utilizar os recursos forraxeiros logrando unha adecuada conservación dos pastos.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter, como mínimo, as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en perigo de extinción durante os anos que dura o compromiso.

Fomentar o mantemento e o aumento dos censos destas razas nas explotacións agrarias. Ao estar inscritos no libro xenealóxico da raza garántese a súa pureza racial.

Ningún

Ningún

Ningún

Participar no programa de mellora xenética da raza.

O programa de mellora é un conxunto de actuacións orientadas á conservación, mellora e/ou fomento da raza correspondente.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos apicultura para a conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais

Manter un mínimo de 100 colmeas localizadas en concellos de Galicia designados como zonas con limitacións naturais e distribuídas polo menos en dúas alvarizas.

Conservación da biodiversidade e contribución á paisaxe pola mellora da variedade de especies vexetais mediante o fomento da apicultura nas zonas con maiores limitacións naturais nas cales é menos frecuente a presenza do home e as actividades asociadas como a apicultura.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os años que dura o compromiso. Consideraranse comprometidas un máximo de 80 colmeas/alvariza.

Manter o efecto beneficioso que se persegue durante a duración do compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

A distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

Ao establecer unha distancia mínima entre alvarizas do mesmo apicultor maximízase o efecto polinizador das súas abellas.

Ningún

Ningún

Ningún

Agricultura ecolóxica.

Compromiso

Obxectivo ambiental

Liña base

BCAM

RLX

Outra normativa

Compromisos comúns

Empregar as técnicas de produción establecidas no Regulamento (CE) 834/2007 e demais normativa de aplicación.

O emprego destas técnicas de produción garante a consecución do obxectivo que se persegue.

Ningún

Ningún

Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios:

1. A xestión de pragas dos vexetais realizarase tendo en conta os principios xerais da xestión integrada de pragas establecidos no anexo I do citado real decreto, que sexan aplicables en cada momento e para cada tipo de xestión de pragas.

2. A xestión de pragas realizarase asistida dun aconsellamento, excepto no caso das producións ou tipos de explotacións consideradas de baixa utilización de produtos fitosanitarios de acordo co artigo 10.3 do citado real decreto, caso en que será voluntario.

3. As explotacións exentas da obriga de aconsellamento terán á súa disposición as Guías de xestión integrada de pragas aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para facilitar o cumprimento dos principios da xestión integrada de pragas.

4. A partir do 26 de novembro de 2015, os usuarios profesionais de produtos fitosanitarios deberán estar en posesión do carné que acredite coñecementos adecuados para exercer a actividade, así como estar inscritos na correspondente sección do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (ROPO).

5. Prohíbense as aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios, salvo no caso de que sexan autorizadas polo órgano competente da Comunidade Autónoma, ou promovidas pola propia Administración para o control de pragas declaradas de utilidade pública ou por razóns de emerxencia. En calquera caso, é condición para a súa realización que non se dispoña dunha alternativa técnica e economicamente viable, ou que as existentes presenten desvantaxes en termos de impacto na saúde humana ou o ambiente.

6. Tomaranse todas as medidas necesarias para evitar a contaminación das masas de auga e da auga potable, tal e como se establece no artigo 31, 32 e 33 do citado real decreto.

7. Respectaranse as prácticas obrigatorias para a manipulación e almacenamento dos produtos fitosanitarios, envases e restos recollidas no capítulo IX do citado real decreto.

8. En virtude do Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios, os equipamentos de aplicación dentro do ámbito de aplicación do citado real decreto, segundo o artigo 3 seu, deberán estar inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) ou no censo de equipamentos que se deben inspeccionar elaborado polos órganos competentes das comunidades autónomas.

Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica.

Este compromiso é fundamental para garantir o respecto das técnicas de produción da agricultura ecolóxica.

Ningún

Ningún

Ningún

Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo co Regulamento (CE) 834/2007.

Este compromiso é fundamental para garantir o respecto das técnicas de produción da agricultura ecolóxica.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica para efectos dun control das producións.

A anotación das actuacións de produción permite un maior control das actuacións en cada parcela.

Ningún

Ningún

Manter actualizado o rexistro de tratamentos fitosanitarios, de acordo co establecido no artigo 16 do Real decreto1311/2012, do 14 de setembro e nos artigos 3 e 4 da Orde APA/326/2007, do 9 de febreiro.

Compromisos específicos para agricultura ecolóxica

Manter a superficie agrícola suxeita a esta submedida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas establecidas.

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida só se logran de forma adecuada se a superficie xestionada de acordo cos compromisos se mantén.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos para gandaría ecolóxica

Manter a superficie agrícola suxeita a esta submedida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas establecidas.

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida só se logran de forma adecuada se a superficie xestionada de acordo cos compromisos se mantén.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos para apicultura ecolóxica

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os anos que dura o compromiso. Para estes efectos consideraranse comprometidas un máximo de 80 colmeas por alvariza.

Manter o efecto beneficioso que se persegue durante a duración do compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

En caso de dispoñer de varias alvarizas, a distancia entre os alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

Ao establecer unha distancia mínima entre alvarizas do mesmo apicultor maximízase o efecto polinizador das súas abellas.

Ningún

Ningún

Ningún

ANEXO X
Informe e ficheiro informático que deben remitir as entidades de aconsellamento

Informe:

……………………………………………………………… con NIF ………………………… actuando en representación da entidade …………………………………………. con NIF……………………………e domicilio en …………………………………………………, inscrita no Rexistro de Entidades de Aconsellamento e Xestión de Galicia (Resaxega), co número de rexistro...................

INFORMA:

Que no ficheiro denominado ……………….. inclúese unha relación de ……….. solicitantes das axudas de agroambiente e clima e/ou agricultura ecolóxica que actualmente reciben un aconsellamento especializado en materia de compromisos por persoal técnico desta entidade.

Que para cubrir a solicitude única deste ano se lles prestou aconsellamento sobre os requisitos e condicións de elixibilidade, compromisos, liñas de base e condicionalidade aplicables ás axudas solicitadas.

Que durante o ano en curso se visitaron as explotacións destes aconsellados e se existían deficiencias nos seus elementos (superficies, animais, instalacións, etc.) para efectos das axudas solicitadas, fixéronse as oportunas recomendacións para a súa mellora ou emenda entregando os correspondentes informes aos aconsellados.

……………………………, ………. de ……………………………………. de 201…..

Datos que conterá o ficheiro informático cos solicitantes que indican na
súa solicitude única a cada entidade de aconsellamento

O ficheiro informático de intercambio coas entidades de aconsellamento terá formato Access, en calquera das súas versións e incluirá os seguintes campos:

A) Identificación da entidade de aconsellamento:

1. Razón social ou nome e apelidos.

2. NIF.

3. Nº de inscrición no Resaxega.

B) Identificación dos solicitantes que indican na súa solicitude única a esa entidade de aconsellamento:

1. Razón social ou nome e apelidos.

2. NIF.

3. Nº da solicitude de pagamento da campaña.

4. Actualmente recibe aconsellamento desa entidade (S/N).

ANEXO XI
Contido mínimo dos cadernos de explotación

A. Xestión sustentable de pastos e extensificación do vacún de leite.

• Datos xerais da explotación:

– Nome e apelidos/Razón social do titular da explotación.

–NIF.

– Rega1.

– Coordenadas UTM Rega.

– Enderezo.

– Concello.

– Código postal.

– Provincia.

– Teléfono fixo.

– Teléfono móbil.

– Correo electrónico.

– Datos do representante (se é distinto do titular):

- Nome e apelidos.

- NIF.

- Teléfono de contacto.

- Correo electrónico.

• Datos da entidade de aconsellamento:

– Razón social.

– NIF.

– Número de inscrición en Resaxega.

– Correo electrónico.

– Nome e apelidos do técnico responsable da explotación.

– NIF.

– Teléfono contacto do técnico.

• Identificación das parcelas da explotación:

– Nº de orde.

– Nº de parcela agrícola2.

– Referencias Sixpac actualizadas para a campaña correspondente.

– Nome do predio.

– Produto.

– Variedade, de ser o caso.

– Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais).

– Superficie neta declarada de pastos (en hectáreas con dous decimais).

– Actividade agraria.

– Aproveitamento forraxeiro (S/N).

• Rexistro de pastoreo:

– Rexistro diario das actuacións de pastoreo:

- Número de parcela agrícola.

- Nome do predio.

- Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais).

- Mes.

- Día do mes.

– Resumo anual do rexistro de pastoreo actualizado trimestralmente:

- Número de parcela agrícola.

- Nome do predio.

- Mes.

- Indicador de pastoreo (S/N).

• Rexistro de visitas:

– Nome controlador da Administración/técnico da entidade de aconsellamento.

– Entidade: unidade ou organismo da Consellería do Medio Rural ou entidade de aconsellamento.

– Data da visita.

– Motivo.

– Sinatura.

1. Indicaranse os datos de todos os Rega de que sexa titular.

2 Superficie de terra continua, declarada por un único agricultor e dedicada a un mesmo cultivo.

B. Agricultura ecolóxica.

• Datos xerais da explotación:

– Nome e apelidos/razón social do titular da explotación.

– NIF.

– Rega/Reaga1.

– Coordenadas UTM Rega.

– Enderezo.

– Concello.

– Código postal.

– Provincia.

– Teléfono fixo.

– Teléfono móbil.

– Correo electrónico.

– Datos do representante (se é distinto do titular):

- Nome e apelidos.

- NIF.

- Teléfono de contacto.

- Correo electrónico.

• Datos da entidade de aconsellamento:

– Razón social.

– NIF.

– Número de inscrición en Resaxega.

– Correo electrónico.

– Nome e apelidos do técnico responsable da explotación.

– NIF.

– Teléfono contacto do técnico.

• Identificación das parcelas da explotación:

– Nº de orde.

– Nº de parcela agrícola2.

– Referencias Sixpac actualizadas para a campaña correspondente.

– Nome do predio.

– Produto.

– Variedade, de ser o caso.

– Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais).

– Superficie neta declarada de pastos (en hectáreas con dous decimais).

– Actividade agraria.

– Aproveitamento forraxeiro (S/N).

– Produción ecolóxica (S/N).

– Período de conversión (de ser o caso, data en que finaliza).

– Marco de plantación.

– Data plantación.

– Data colleita.

– Produción obtida.

• Rexistro de pastoreo (para explotacións gandeiras):

– Rexistro diario das actuacións de pastoreo:

- Número de parcela agrícola.

- Nome do predio.

- Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais).

- Mes.

- Día do mes.

– Resumo anual do rexistro de pastoreo actualizado trimestralmente:

- Número de parcela agrícola.

- Nome do predio.

- Mes.

- Indicador de pastoreo (S/N).

• Calendario de accións de cultivo:

– Número de parcela agrícola.

– Data.

– Acción.

– Produto empregado.

– Dose.

– Prazo de seguridade.

– Xustificación técnica e condicións de uso.

• Alimentación:

– Período de aplicación da ración:

- Tipo de alimento.

- Ecolóxico, conversión ou convencional.

- Porcentaxe na ración.

– Período de acceso aos currais.

– Período de transhumancia.

• Operacións zootécnicas:

– Operación.

– Data.

– Autorización.

– Xustificación.

• Rexistro de entradas de insumos:

– Data.

– Produto.

– Ecolóxico, conversión ou convencional.

– Envase.

– Cantidade.

– Nome comercial.

– Nº volante circulación.

– Nº factura/albará.

• Rexistro saída de produtos:

– Data.

– Produto.

– Ecolóxico, conversión ou convencional.

– Envase.

– Cantidade.

– Nome comercial.

– Nº volante circulación.

– Nº factura/albará.

• Rexistro de visitas:

– Nome do controlador da Administración/técnico da entidade de aconsellamento.

– Entidade: unidade ou organismo da Consellería do Medio Rural ou entidade de aconsellamento.

– Data da visita.

– Motivo.

– Sinatura.

1. Indicaranse os datos de todos os Rega de que sexa titular.

2. Superficie de terra continua, declarada por un único agricultor e dedicada a un mesmo cultivo.

Na parte final deses modelos deberase engadir un rexistro de visitas co seguinte contido:

– Nome do controlador da Administración/técnico da entidade de aconsellamento.

– Entidade: unidade ou organismo da Consellería do Medio Rural ou entidade de aconsellamento.

– Data da visita.

– Motivo.

– Sinatura.

ANEXO XII
Declaración doutras axudas

A persoa solicitante ou representante declara

Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

� Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.

� Si se solicitaron e/ou concederon outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, que son as que a seguir se relacionan:

Organismo

Importe (€)

Sinatura

Lugar e data

missing image file