Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3627

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural e do Mar, Área do Mar, e a actual consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural e do Mar, da Área do Mar, e a actual Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural e
do Mar, Área do Mar, e a actual Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015

Descrición

Importe

Data

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG)

Sen custo económico

1.9.2015

Convenio de colaboración entre Algas Atlánticas Algamar, S.L. (Algamar), a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela

Sen custo económico

30.9.2015

Convenio entre o Ministerio de Defensa e a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia sobre a colaboración e coordinación no ámbito marítimo

Sen custo económico

7.10.2015

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para o desenvolvemento de accións formativas ao colectivo de redeiras artesás no marco do seu proceso de diversificación profesional.

16.673,35 €

28.10.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores

54.000 €

3.11.2015

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e a sustentabilidade da realización de proxectos de mellora da calidade da Plataforma Tecnolóxica da Pesca e de diferentes portais web

472.000 €

3.12.2015

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e a sustentabilidade do desenvolvemento dunha nova web e dunha aplicación de soporte á xestión dos GALP e das axudas concedidas ao abeiro das súas estratexias de desenvolvemento local pesqueiro

185.000 €

7.12.2015

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e a sustentabilidade do desenvolvemento dunha nova funcionalidade para a xestión (outorgamento e renovación) das habilitacións para a extracción dos recursos marisqueiros, así como para o desenvolvemento e seguimento dos plans de explotación e xestión destes recursos

183.000 €

9.12.2015

Convenio de colaboración e cooperación entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente, e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, para a asistencia mutua e a cooperación en materia de control e inspección da actividade pesqueira

Sen custo económico

21.12.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos

1.393.298,37 €

29.12.2015