Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1240/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 1240/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rogelio Manuel Couceiro Golpe contra Alfa Instant, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Rogelio Manuel Couceiro Golpe, contra Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Alfa Instant, S.A. a que lle aboe ao demandante ao cantidade de 2.517,81 euros brutos, polos salarios devindicados no mes de xullo de 2014 e parte proporcional da paga extraordinaria de Nadal de 2014, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para sirva de notificación en legal forma á empresa Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de la provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial