Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (994/2014).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 994/2014 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución do 17 de decembro de 2015, dirixida a Flores de Lires, S.L, e poden interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Flores de Lires, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial