Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3683

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (636/2014).

Na peza civil número 636/2014, dimanante de execución hipotecaria número 9062/2010, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Porriño, ditouse auto do teor literal seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e Francisco Javier Valdés Garrido.

Auto número 32.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

A sala acorda estimar parcialmente o recurso de apelación e revógase parcialmente o auto de instancia impugnado, no sentido de que, malia confirmar a declaración de nulidade, por abusiva, da cláusula sexta do contrato de crédito hipotecario do 23.2.2006, en canto fixa os xuros de demora nun 20,50 % nominal anual, acórdase a aplicación do xuro moratorio do artigo 1108 do Código civil do modo indicado no parágrafo final do razoamento xurídico sexto da presente resolución, mantendo no demais os pronunciamentos do auto apelado, todo isto sen facer especial imposición das custas procesuais da presente alzada.

Fágase devolución á executante recorrente do depósito constituído para poder recorrer en apelación.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados citados á marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao que me remito en caso necesario.

Para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Luis Ramón Cordeiro Cordeiro, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 25 de maio de 2015

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial