Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3662

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1501).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e a teor do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2015 (Resolución do 30 de outubro de 2015; DOG do 10 de novembro).

Esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a/as praza/s que figuran no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU, polo Decreto 266/2002, pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), polos estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo, aprobado polo Claustro Universitario o 24 xullo de 2012, e pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

Para poderen ser admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

As persoas nacionais de Estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratadas sempre que estean legalmente en España e dispoñan do documento que os habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.

b) Ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que estean habilitadas ou acreditadas para eles resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE de 4 de marzo).

e) Ter aboadadas as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar que non están inhabilitadas ou en situación equivalente, nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

h) Ter finalizado o Programa Ramón y Cajal como persoal investigador doutor e dispor do certificado I3 nas prazas que se indique no anexo I e reservadas de conformidade co artigo 21 da Lei 36/2014, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2015, e no artigo 36 da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Terceira. Solicitudes

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II a esta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, 36310 Vigo) ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86, Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas en artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame para cada praza (referencia) serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente número ES14-2080-0501-1231-1000-0112, Abanca. «Taxas». O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II). A entidade bancaria fará constar no xustificante o código CD1501 e a persoa interesada engadirá a referencia completa da praza en que desexa participar. No caso de pagamento mediante transferencia bancaria deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza en que concursa.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten a correspondente certificación que o acredite.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ás persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia simple do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado con que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberá presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá xuntarse a credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia compulsada da credencial da avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora expedida pola axencia ou órgano de avaliación competente. A persoa que sexa funcionaria dos corpos docentes universitarios deberá presentar certificación de servizos prestados acreditativa de tal condición e a persoa candidata que estea habilitada, copia da credencial que o acredite.

d) No suposto de ser docente dunha praza de igual categoría deberá presentar folla de servizos orixinal que acredite o seu desempeño.

e) Xustificante do pagamento de taxas de exame.

f) Fotocopia compulsada da documentación acreditativa do cumprimento do requisito específico que se sinala na base 2.h) desta convocatoria para as prazas que se indiquen no anexo I.

3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar na súa solicitude, e unicamente poderá demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución en que se aprobe a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo e que servirá de notificación para todos os efectos. A título divulgativo publicarase nos taboleiros de anuncios dos rexistros auxiliares e no enderezo da internet:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, epígrafe Convocatorias concursos de acceso.

4.2. As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor contra a dita resolución no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente, ditarase unha resolución en que se aprobe a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisión de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, agás cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terán a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Salvo petición da Presidencia noutro sentido e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento ao cal se adscriba cada unha das prazas convocadas.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros das comisións deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 28 da Lei 30/1992. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, no seu defecto, por orde correlativa e, en último caso, resolverá o reitor.

5.3. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíra a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.4. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, de ser o caso. A Presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, e fixará lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución cada comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e faraos públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.5. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a Presidencia, será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, entre os cales figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido.

5.7. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliada polo persoal de administración e servizos do departamento a que está adscrita a praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. A súa actuación axustarase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A Presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, e indicarase lugar e hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, cada concursante entregará:

a) O currículum vítae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, no cal detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil da praza, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículo, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o cal se poderá examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos alegados no currículum vítae e debidamente xustificados, sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. O concurso realizarase nas dependencias da Universidade de Vigo. Constará dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación deste ao perfil da praza obxecto do concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle á Presidencia un informe razoado de cada unha das persoas que concursen, axustado aos criterios previamente fixados e con expresión explícita do seu voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e formalización de contratos

7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superasen a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro onde teña lugar a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a Secretaría da comisión entregará no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión, no lugar de realización da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración de non incorrer en incompatibilidade, segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

b) Declaración xurada ou promesa de non estar en separación de servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos en virtude de expediente disciplinario para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Quen concurse e non teña a nacionalidade española deberán acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido no Real decreto lexislativo 5/2015.

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das letras «b» e «c», e terá que presentar certificado (folla de servizos prestados) da universidade ou organismo de que dependa que acredite a súa condición e as circunstancias que consten na folla de servizos. De acordo coa base 3.3 d), non será necesario o dito certificado cando xa se tivese achegado coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como profesora contratada doutora ou como profesor contratado doutor das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que acheguen a documentación requirida en prazo; de non facelo, o reitor procederá, de ser o caso, ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, categoría e área de coñecemento, e remitirase para a súa publicación ao Diario Oficial de Galicia.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, formalizarase a contratación da persoa proposta. A sinatura do contrato ten carácter persoal e intransferible. No caso de que non asine no prazo sinalado sen autorización expresa, considerarase que renuncia á praza e poderase nomear a seguinte persoa na orde prevista na base 7.1.

7.7. O contrato terá duración indefinida e a xornada de traballo será a fixada con carácter xeral para os corpos docentes universitarios. O período de proba será de 6 meses, e considerarase superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.

7.8. As referencias a necesidades e obrigas docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán para quen teña adxudicada a praza dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino.

7.9. O contrato estará suxeito á Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. O seu incumprimento será causa de extinción do contrato.

Oitava. Comisión de Reclamacións

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de realización da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días naturais para formular alegacións en relación co contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo, que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedementais e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Acceso, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, e a Comisión de Acceso deberá formular unha nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o número anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución de documentación

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada exclusivamente no Servizo de Persoal docente e investigador pola persoa interesada dentro do prazo de tres meses contado desde a finalización do procedemento ou, de ser o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación da presente convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder os catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de xaneiro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Relación de prazas convocadas

Praza nº 1.

Código:

CD1501-C05-265-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-265 Estatística e Investigación Operativa

Departamento:

C05 Estatística e Investigación Operativa

Actividade docente e investigadora:

Xogos cooperativos

Centro de traballo:

303 Fac. CC. Económicas e Empresariais-Vigo

Praza nº 2.

Código:

CD1501-H12-814-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-814 Tradución e Interpretación

Departamento:

H12 Tradución e Lingüística

Actividade docente e investigadora:

Tradución científico-técnica idioma 1: inglés-galego e Tradución científico-técnica idioma : inglés-español

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo

Praza nº 3.

Código:

CD1501-T03-545-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-545 Enxeñaría Mecánica

Departamento:

T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Actividade docente e investigadora:

Cálculo de máquinas e Deseño de maquinaria asistido

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

Observacións:

Ter rematado contrato do programa Ramón y Cajal e ter acadado o certificado I3

[base 2.h) e 3.3.f)]

Praza nº 4.

Código:

CD1501-T03-590-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-590 Máquinas e Motores Térmicos

Departamento:

T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Actividade docente e investigadora:

Xestión da enerxía térmica e Eficiencia térmica e coxeración

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

Praza nº 5.

Código:

CD1501-T04-555-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-555 Enxeñaría Química

Departamento:

T04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora:

Proxecto do grao en Química

Centro de traballo:

311 Facultade de Química-Vigo

Observacións:

Ter rematado contrato do programa Ramón y Cajal e ter acadado o certificado I3

[base 2.h) e 3.3.f)]

Praza nº 6.

Código:

CD1501-X05-205-CD01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-205 Didáctica das Ciencias Experimentais

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Didáctica das ciencias experimentais I e Didáctica das ciencias experimentais II

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

Praza nº 7.

Código:

CD1501-X05-245-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Metodoloxía e planificación do adestramento deportivo I e Ciclo de vida e normas do proxecto

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

Praza nº 8.

Código:

CD1501-X14-105-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-105 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Departamento:

X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Actividade docente e investigadora:

Tecnoloxía dos medios audiovisuais

Centro de traballo:

204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra

ANEXO III
Comisións de selección

Praza nº 1: CD1501-C05-265-CD-01.

Área: Estatística e Investigación Operativa.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Gustavo Bergantiño Cid

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Juan José Vidal Puga

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María Luisa Carpente Rodríguez

Titular de universidade

A Coruña

Vogalía segunda

Balbina Virginia Casas Méndez

Titular de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Silvia María Lorenzo Freire

Titular de universidade

A Coruña

Comisión suplente

Presidencia

Andrés Antonio Vaamonde Liste

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

María Gloria Fiestras Janeiro

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

José María Alonso Meijide

Titular de universidade

Santiago de Compostela.

Vogalía segunda

Ignacio García Jurado

Catedrático/a de universidade

A Coruña

Vogalía terceira

Leticia Lorenzo Picado

Titular de universidade

Vigo

Praza nº 2: CD1501-H12-814-CD-01.

Área: Tradución e Interpretación.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Isabel García Izquierdo

Catedrático/a de universidade

Jaume I

Secretaría

Marta García González

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía primeira

Ana María Pereira Rodríguez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Carlos Garrido Rodríguez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Arturo Parada Diéguez

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Josep Manuel Marco Borillo

Catedrático/a de universidade

Jaume I

Secretaría

Esther Monzó Nebot

Titular de universidade

Jaume I

Vogalía primeira

Óscar Díaz Fouces

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Alberto Álvarez Lugrís

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Joan Miquel Verges

Titular de universidade

Vigo

Praza nº 3: CD1501-T03-545-CD-01.

Área: Enxeñaría Mecánica.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Míguez Tabarés

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

José Antonio Vilán Vilán

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Marcos López Lago

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía segunda

Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía terceira

María Concepción Paz Penín

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Javier Taboada Castro

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Elena Beatríz Martín Ortega

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía primeira

Abraham Segade Robleda

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía segunda

María Teresa Carrascal Morillo

Titular de universidade

UNED

Vogalía terceira

Jacobo Porteiro Fresco

Titular de universidade

Vigo

Praza nº 4: CD1501-T03-590-CD-01.

Área: Máquinas e Motores Térmicos.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Míguez Tabarés

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

Enrique Granada Álvarez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Luis María López González

Catedrático/a de universidade

La Rioja

Vogalía segunda

David Patiño Vilas

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

Jacobo Porteiro Fresco

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Mª del Pilar Dorado Pérez

Catedrático/a de universidade

Córdoba

Secretaría

José Antonio Pazo Prieto

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Jorge Carlos Morán González

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María Belén Folgueras Díaz

Titular de universidade

Oviedo

Vogalía terceira

Cristina Alonso Tristán

Titular de universidade

Burgos

Praza nº 5: CD1501-T04-555-CD-01.

Área: Enxeñaría Química.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Francisco Rodríguez Somolinos

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

Secretaría

María Ángeles Sanromán Braga

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Gil Garrote Velasco

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Ana María Rodríguez Rodríguez

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía terceira

Beatriz Prudencia Orge Álvarez

Titular de universidade

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Vigo

Secretaría

José Manuel Cruz Freire

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

María Asunción Longo González

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

José Manuel Canosa Saa

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María Ángeles Domínguez Santiago

Titular de universidade

Vigo

Praza nº 6: CD1501-X05-205-CD-01.

Área: Didáctica das Ciencias Experimentais.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Teresa Prieto Ruz

Catedrático/a de universidade

Málaga

Secretaría

María Mercedes Álvarez Lires

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía primeira

Pedro Álvarez Suárez

Titular de universidade

Granada

Vogalía segunda

Teresa Nuño Angós

Catedrático/a de escola universitaria

País Vasco

Vogalía terceira

Ánxela Bugallo Rodríguez

Contratado/a doutor/a

A Coruña

Comisión suplente

Presidencia

Vicente Mellado Jiménez

Catedrático/a de universidade

Extremadura

Secretaría

Pedro Vega Marcote

Titular de universidade

A Coruña

Vogalía primeira

Pedro Membiela Iglesia

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

María Espinet Blanch

Titular de universidade

Autónoma de Barcelona

Vogalía terceira

María Rut Jiménez Liso

Titular de universidade

Almería

Praza nº 7: CD1501-X05-245-CD-01.

Área: Educación Física e Deportiva.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Sergio Ibáñez Godoy

Catedrático/a de universidade

Extremadura

Secretaría

José María Cancela Carral

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Antonio Arda Suárez

Titular de universidade

A Coruña

Vogalía segunda

María Perla Moreno Arroyo

Titular de universidade

Extremadura

Vogalía terceira

María Belen Feriche Fernández-Castanys

Titular de universidade

Granada

Comisión suplente

Presidencia

Luis Miguel Ruíz Pérez

Catedrático/a de universidade

Politécnica de Madrid

Secretaría

Ana Rey Cao

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Leonor Gallardo Guerrero

Titular de universidade

Castilla-La Mancha

Vogalía segunda

Manuel Delgado Fernández

Catedrático/a de universidade

Granada

Vogalía terceira

Carlos Lago Peñas

Titular de universidade

Vigo

Praza nº 8: CD1501-X14-105-CD-01.

Área: Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Emilio Carlos García Fernández

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

Secretaría

María Isabel Míguez González

Contratado/a doutor/a

Vigo

Vogalía primeira

Ana Belén Fernández Souto

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Alberto Pena Rodríguez

Titular de universidade

Vigo

Vogalía terceira

María Desamparados Huertas Bailén

Titular de universidade

Autónoma de Barcelona

Comisión suplente

Presidencia

Juan Benavides Delgado

Catedrático/a de universidade

Complutense de Madrid

Secretaría

Montserrat María Vázquez Gestal

Titular de universidade

Vigo

Vogalía primeira

Daniel Francisco Martí Pellón

Titular de universidade

Vigo

Vogalía segunda

Xosé Soengas Pérez

Catedrático/a de universidade

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Luis Detell Escolar

Contratado/a doutor/a

Complutense de Madrid

ANEXO IV
Currículum vítae

– Datos persoais:

Apelidos e nome.

NIF.

Data, localidade e provincia de nacemento.

Enderezo, localidade e provincia de residencia.

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

– Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación, se a houbese.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría/s ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras autoría/s ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolvida, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum vítae.

missing image file