Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-01-2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-01-2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a realización de diversos programas educativos, actividades educativas e de conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Prezo anual: 26.400 €; prezo total do contrato: 52.800 € (valor estimado: 105.600 €, incluídas as posibles prórrogas).

5. Duración.

Dous anos, prorrogable anualmente por outros dous anos.

6. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

7. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52. Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 8 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Solvencia económico-financeira e técnica.

9.1. Solvencia económica. Mínimo: xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior a 300.000 euros, así como achegar o compromiso da súa renovación ou prórroga, que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. Acreditarase por medio de certificado polo asegurador, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro e mediante o documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, nos casos en que proceda.

9.2. Solvencia técnica. Mínimo: presentación da relación dos principais servizos ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato realizados nos cinco últimos anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. Acreditarase mediante certificados expedidos polo órgano competente; e titulacións académicas do persoal que vaia adscribir o contratista á execución do contrato. Mínimo de solvencia técnica: requirirase unha titulación de diplomatura ou equivalente relacionada coa área de educación. No caso de tratarse de titulacións obtidas no estranxeiro, será requisito imprescindible a acreditación da homologación da citada titulación polo Ministerio de Educación e Ciencia; e estar en posesión do carné de manipulador de alimentos (Real decreto 2002/2000, do 11 de febreiro).

10. Criterios de adxudicación do contrato.

10.1. Menor prezo proposto: ata 5 puntos, cláusula 16.2.1 do PCAP.

10.2. Valor técnico do proxecto: ata 12 puntos, cláusula 16.2.2 do PCAP.

10.3. Titulación e especialización do persoal adscrito ao proxecto: ata 15 puntos, cláusula 16.2.3 do PCAP.

11. Apertura das ofertas.

Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

12. Outras informacións.

Obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 7 deste anuncio.

13. Gastos do adxudicatario.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 22 de xaneiro de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa