Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-02-2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-02-2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo para a formación do inventario de bens do Concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Prezo estimado: 60.000 € sen IVE; máis o IVE (21 %): 12.600 €; importe total: 72.600 € IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Solvencia económico-financeira e técnica:

9.1. Solvencia económica: mínimo: xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior a 60.000 euros, así como achegar o compromiso da súa renovación ou prórroga, que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. Artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001.

9.2. Solvencia técnica: mínimo: presentación da relación dos principais servizos ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato realizados nos cinco últimos anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados. O importe anual acumulado no ano de maior execución será igual ou superior a 42.000 euros. Artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001.

10. Criterios de adxudicación do contrato:

10.1. Metodoloxía e plan de actuación: ata 20 puntos, cláusula 16.1.A do PCAP.

10.2. Modelos de fichas: ata 10 puntos, cláusula 16.1.B do PCAP.

10.3. Soporte informático: ata 20 puntos, cláusula 16.1.C do PCAP.

10.4. Mantemento do sistema: ata 10 puntos, cláusula 16.1.D do PCAP.

10.5. Maior número de horas de formación: ata 10 puntos, cláusula 16.2 do PCAP.

10.6. Oferta económica: ata 30 puntos, cláusula 16.3 do PCAP.

11. Apertura das ofertas:

Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

12. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

13. Gastos do adxudicatario:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 15 de xaneiro de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa