Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3789

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (346/2015).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de divorcio 346/2015 nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza 749.

En Vigo o catro de maio de dous mil quince.

Vistos por María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, os autos seguidos neste xulgado baixo o número 346/2015 sobre disolución do matrimonio por divorcio, onde actúa como demandante Daniela Claudia Bulumac representada pola procuradora dos tribunais María Jesús Nogueira Fos e con asistencia letrada de Lúa Casanova Gómez, contra Héctor José Tovar Rojas, declarado en situación de rebeldía procesual, de acordo cos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Nogueira Fos, en nome e representación de Daniela Claudia Bulumac, contra Héctor José Tovar Rojas, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixando constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnacion, recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

Así, por esta sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e sirva de notificación a Héctor José Tovar Rojas, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 14 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial