Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3791

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (553/2015).

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto notifícaselle a Manuel Núñez González a sentenza ditada nas presentes actuacións e fáiselle saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días:

«Sentenza 80/2015

Cambados, 9 de setembro de 2015.

Vistos por min, Tomás Farto Piay, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados os precedentes autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 553/2015, con intervención do Ministerio Fiscal en representación da acción pública e nos que aparecen como denunciante, Jesús Bea Rodiño, e como denunciado, Manuel Núñez González.

Decido:

Que debo condenar e condeno a Manuel Núñez González como autor responsable dunha falta de lesións do artigo 617.1 CP á pena de multa de 30 días a razón de 2 euros diarios (60 €), suxeita a unha responsabilidade subsidiaria en caso de impagamento dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas se o condenado non a paga voluntariamente (artigo 53 CP), así como a que indemnice a Jesús Bea Rodiño como responsabilidade civil ex delicto coa cantidade de 140 €.

Todo isto con imposición das custas causadas neste procedemento, se as houber, ao denunciado.

Lévese o orixinal desta sentenza ao libro de sentenzas e déixese testemuño literal dela nas actuacións.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágase constar que contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Cambados, 13 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza