Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3793

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (ETX 287/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 287/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Mougán Valdés contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil dezaseis.

Vista a suspensión da comparecencia e non constando domicilio para citar o executado Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, cítese a través do Diario Oficial de Galicia.

Logo de presentar o traballador Mario Mougán Valdés exixindo o cumprimento polo empresario Falcón Contratas y Seguridad, S.A. da obriga de readmisión, e logo de despacharse auto de execución de sentenza nº 282/15 ditada no DSP 144/15, de conformidade co art. 280 da LXS, acordo:

Citar para comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 22 de febreiro de 2016 ás 13.45 horas para a celebración da comparecencia.

Requirir a executada para que tres días antes da vista incorpore ao acto do xuízo os seguintes documentos: comunicación fidedigna dirixida ao executante en que se indique a data de reincorporación á empresa, así como xustificantes de aboamento de salarios de tramitación obxecto de condena na sentenza.

Se non asistir/en o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, tera(n)se por desistido/s na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

A presente dilixencia de ordenación serve como cédula de citación para as partes.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial