Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 5 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 112, do 16 de xuño).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación e sendo devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral para o Deporte.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Secretaría Xeral para o Deporte, sita na rúa Ourense nº 6, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

– Expediente: Resolución do 5 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 9 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria.

– Interesado: Gara Karting (G70150479).

– Acto notificado: concesión ao interesado para comparecer no expediente, dispor de audiencia e vista do mesmo, propoñer probas e realizar alegacións na defensa dos seus dereitos, de conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.