Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Canelas VI.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Canelas VI e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 12.11.2015, Juan Vázquez Rodríguez, en calidade de representante da comunidade de herdeiros de José Ramón Vázquez Muñiz, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Canelas VI.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Mª Carmen Rodríguez Abuín (76503203-M) e Juan Vázquez Rodríguez (52933084-X), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Canelas VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 212.

Polígono: A.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.11.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Ramón Vázquez Muñiz e Mª Carmen Rodríguez Abuín (76503203-M).

Novos titulares: Mª Carmen Rodríguez Abuín (76503203M) e Juan Vázquez Rodríguez (52933084-X).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de decembro de 2015

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo