Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a redacción do plan de xestión de recursos piscícolas no tramo do río Xallas afectado polo encoro de Fervenza e seguimento posterior.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: redacción do plan de xestión de recursos piscícolas no tramo do río Xallas afectado polo encoro de Fervenza e seguimento posterior. Dumbría e Mazaricos (A Coruña).

Número de expediente: OH.915.1099.

CPV (Referencia de nomenclatura): 77700000-7.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 96, do 25 de maio de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 59.825,00 euros. Importe total: 72.388,25 euros.

Data de adxudicación: 15 de decembro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 29.750,00 euros. Importe total: 35.997,50 euros.

Data de formalización do contrato: 28 de decembro de 2015.

Contratista: Universidade de Santiago de Compostela.

3. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia