Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4454

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG núm. 78, do 24 de abril), modificada pola Orde do 19 de maio de 2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3 se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Xan Mera Cabanelas
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso
no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais

Apelidos e nome

DNI

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Concurso

Total

Fuentes Bermejo, Ana María

32785424M

14,73

11,2

14,6

Exenta

27,45

67,98

Colmenero Guzmán, Silvia

76824123Y

15,43

14,7

13,1

Exenta

4

47,23

Fernández Parajes, Lourdes

33337694E

13,15

11,6

13,9

Exenta

6,56

45,21