Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada centro de seccionamento do Toural, no concello da Laracha (expediente 180/2014).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada centro de seccionamento do Toural, no concello da Laracha (expediente 180/2014), por Resolución desta xefatura territorial, do 15 de maio de 2015, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo en avenida de Arteixo, 19, 1º dereita, 15004 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 17 de marzo de 2016 (xoves), para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia, de datas 15.1.2015, 22.12.2014 e 24 de decembro respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña