Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/576-1).

Expediente: IN407A 2015/576-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación CT Caranza nº 14.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

Reforma centro de transformación soterrado convencional en local de obra civil cun transformador de 100 kVA existente, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV (actuación nº 1), cunha lonxitude de 0,014 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-732, que se van realizar no punto de acceso á rede existente, no tramo entre o CT Caranza nº 16 (expediente 27.640) e o CT Caranza nº 14 (expediente 27.640), que se vai reformar, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 Al, e final en cela de liña proxectada no CT Caranza nº 14 (expediente 27640) que se vai reformar.

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV (actuación nº 2), cunha lonxitude de 0,014 km, coa orixe en cela de liña proxectada no CT Caranza, nº 14 (expediente 27.640) que se vai reformar, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-732, que se vai realizar no punto de acceso á rede existente, no tramo entre o CT Caranza nº 14 (expediente 27.640), que se vai reformar e o CT particular residencia de anciáns (15PN23).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña