Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2015/238-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: soterramento LMT TIB801-802-803 en Tivo.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV (triplo circuíto) con condutor tipo RHZ de 603 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo no apoio proxectado C-9000/16 e final no paso aerosubterráneo no apoio proxectado C-9000/18. Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios instalados (67 e 36 metros). A instalación está situada en Tivo, Caldas de Reis.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Caldas de Reis; lugar: Rociña; titular: José Bragaña Martínez; afección: 2 m2 de solo para o apoio nº 1 e 6 m2 para 4 metros de liña subterránea.

Predio 2. Municipio: Caldas de Reis; lugar: Rociña; titular: descoñecido; afección: 2 m2 de solo para o apoio nº 1 e 5,3 m2 pola liña subterránea.

Predio 3. Municipio: Caldas de Reis; lugar: Corredoi; titular: Rafael Seijo Rodríguez; afección: 2 m2 de solo para o apoio nº 2 e 3,25 m2 para 2 metros de liña subterránea.

Predio 4. Municipio: Caldas de Reis; lugar: Corredoi; titular: descoñecido; afección: 2 m2 de solo para o apoio nº 2 e 2,76 m2 pola liña subterránea.