Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha explotación de ceba de xatos, sito no lugar de Argonte, no concello de Carral (A Coruña), promovido por Ganados Santaballa, S.L. (expediente 2015/0198).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de xaneiro de 2016 relativo ao proxecto dunha explotación de ceba de xatos, sito no lugar de Argonte, no concello de Carral (A Coruña) promovido por Ganados Santaballa, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental