De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de explotación avícola, promovida por Amador Barreiro Feijoo y Otros, S.C., nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n, 2º andar), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.
Para efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Este informe tamén se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_impacto_ambiental_proxectos%2FSeccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_proxectos%2Fdinamico%2Flistado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica%2F&clase=Xestion%2FProxecto_aap%2FTipo_proxecto%2FIP_AIA_ordinaria%2F.
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental