Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4592

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación logo da renovación da metade dos seus membros consonte o disposto nos seus estatutos.

O artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) estará constituída polo seu presidente ou presidenta, seis vogais elixidos polo Consello de Dirección da ACSUG, nomeados a través da presidenta ou presidente deste, de entre destacados membros da comunidade académica e científica, e pola directora ou director da ACSUG, que actuará como secretaria ou secretario desta.

O punto terceiro do citado artigo 22 establece que os vogais da CGIACA serán nomeados por un período de catro anos e que se procederá cada dous anos á renovación da metade deles. Indícase, así mesmo, que ningún vogal poderá ser proposto para outro período inmediato salvo que ocupase o cargo por un período non superior a dous anos.

Transcorrido o mandato de catro anos para tres dos vogais da CGIACA, procedeuse á súa renovación na reunión do Consello de Dirección da ACSUG do 17 de decembro de 2015 e ao seu nomeamento pola presidenta da ACSUG.

Finalmente, disponse nos estatutos da ACSUG que a composición da CGIACA deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co exposto, faise pública a composición da CGIACA:

1. Presidente:

– Miguel Ángel Santos Rego, catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Vogais:

– Natalia Álvarez Lata, profesora titular de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

– María Bastida Domínguez, profesora contratada doutora de Organización de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela.

– Luis Castedo Ribas, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade da Coruña.

– Jorge Domínguez Martín, catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo.

– José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago de Compostela.

– Ana María Pita Grandal, catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo.

3. Secretario:

– José Eduardo López Pereira, director da ACSUG.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia