Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01825-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-01825-O-2015 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva en vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-01825-O-2015

5570-CWV

Garda Civil 1503 N41519R

Pedro Ruibal Costa

35477176K

Joaquín Potel, 8, 2º, 4

36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

24.3.2015; 10.32; AP-9; M 1,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03332-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1504 A35144Y

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Lg. Campo do Monte, Montouto

15318 Coirós (A Coruña)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

15.6.2015; 18.28; N-525; 330

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03339-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1504 A35144Y

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Lg. Campo do Monte, Montouto

15318 Coirós (A Coruña)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

15.6.2015; 18.22; N-525; 330

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03499-O-2015

SG-3832-H

Garda Civil 1504 K68944G

R. Otsemra, S.L.

B15797624

San Marcos

15318 Abegondo (A Coruña)

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.7.2015; 18.12; DP-4604; 6

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros