Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02389-O-2015 e un máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02389-O-2015 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02389-O-2015

2418-HJJ

Garda Civil 1503 N41519R

Grupatrans Balear, S. Coop.

F57343527

R/ Licorers, s/n (P.I. Marratxi)

07141 Palma de Mallorca

(Illes Balears)

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

9.4.2015; 9.46; AP-9 M 1,2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02393-O-2015

2418-HJJ

Garda Civil 1503 N41519R

Grupatrans Balear, S. Coop.

F57343527

R/ Licorers, s/n (P.I. Marratxi)

07141 Palma de Mallorca

(Illes Balears)

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Atenuante-Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

9.4.2015; 9.43; AP-9 M 1,2

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros