Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5109

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 22 de xaneiro de 2016 da Consellería de Facenda (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 3 de febreiro de 2016, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2016 empezará por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra «O».

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda