De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23159
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 151, do 11 de agosto de 2015.
2. Obxecto do contrato.
Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.
Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (área de Cultura): Museo Arqueolóxico Provincial e Arquivo Histórico Provincial, sitos no Pazo Episcopal de Ourense, sede principal do Museo Etnolóxico de Ribadavia e da Biblioteca Pública de Ourense (contratación documentalmente simplificada).
Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
3. Orzamento base de licitación: 206.705,00 €, IVE excluído.
4. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 9 de decembro de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 12 de xaneiro de 2016.
c) Contratista: Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A-1, S.L.
d) Importe de adxudicación: 185.515,20 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2016
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria