Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015120AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015120AL-OU, a Vicente Fraga Cao (DNI 34974095-L), con domicilio na rúa Francisco González Rey, 6, de Celanova (Ourense), como titular do establecemento Panadería Pedra da Moa.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícase a Vicente Fraga Cao (DNI 34974095-L), como titular do establecemento Panadería Pedra da Moa, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 26 de xaneiro de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2015120AL-OU.

Interesado: Vicente Fraga Cao, como titular do establecemento Panadería Pedra da Moa.

DNI/NIF/CIF: 34974095-L.

Último enderezo coñecido: rúa Francisco González Rey, 6, de Celanova (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/04.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil seiscentos euros (1.600,00 €).