Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de reclamación de débeda relativo ás estadías en residencia de maiores.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado que se cita no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o requirimento ditado no correspondente expediente de reclamación de débeda.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facer as alegacións que considere oportunas, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias do Servizo de Xestión Económica da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña (Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle que, de non facer alegacións en tempo e forma, deberá aboar os gastos de estadías nos seguintes prazos, segundo o disposto no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria:

– Liquidacións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte ao da notificación.

– Liquidacións notificadas logo do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos no artigo 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nome: Alfonso González Ferrero.

Último enderezo coñecido: r/ Miguel Servet, nº 5, 2º esquerda, 15002 A Coruña.

Expediente: reclamación débeda por estadías na residencia asistida de maiores de Oleiros.