De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 25 de xaneiro de 2016 relativo ás instalacións de planta de almacenamento, clasificación e valorización de RCD, no concello de Lalín, promovido pola empresa Excavaciones Naviceiro, S.L. (clave 2015/0128).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental