Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto LMT derivada Distriz, no concello de Monforte de Lemos (expediente 012/2009 AT).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non fose posible practicar realizaranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que constan no anexo o acordo ditado pola Xefatura Territorial de Lugo no que se resolve sinalar o día 6 de abril de 2016 ás 12 horas, na Casa do Concello de Monforte de Lemos, como lugar de convocatoria para o pagamento do prezo xusto dos predios situados nese concello.

Lugo, 2 de febreiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado

Expediente

Acto

Concello

José Ramón Garro Quiroga

LMT derivada Distriz

Pagamento prezo xusto

Monforte de Lemos

Olga Novelle Novoa

LMT derivada Distriz

Pagamento prezo xusto

Monforte de Lemos

Amador López Vázquez

LMT derivada Distriz

Pagamento prezo xusto

Monforte de Lemos

Victoriano Rguez. Salgueiro

LMT derivada Distriz

Pagamento prezo xusto

Monforte de Lemos