Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as resolucións de procedencia de reintegro das axudas reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases para a contratación indefinida inicial (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348A 2011/14-2 e tres máis.

Intentada a notificación dos acordos da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polos que se acorda a resolución da procedencia de reintegro das subvencións concedidas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no punto 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido dos ditos actos como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 17 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2011/14-2.

Nome: Henry Omar Pérez Useche.

DNI/NIF: X9321286F.

Último enderezo coñecido: rúa Chantada, 11, 3º, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A, da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 26 de outubro do 2015 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.

Nº de expediente: TR348A 2011/19-2.

Nome: Hucla Lucus, S.L.

DNI/NIF: B27334085.

Último enderezo coñecido: rúa San Pedro, 34, baixo, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A, da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 26 de outubro do 2015 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.

Nº de expediente: TR348A 2011/55-2.

Nome: Grupo Noroeste de Ventas 2000, S.L.

DNI/NIF: B27414713.

Último enderezo coñecido: Paseo San Xulián, 2 A, 27614 Sarria (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A, da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 27 de outubro do 2015 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.

Nº de expediente: TR348A 2011/65-2.

Nome: Venta de Teléfonos y Accesorios, S.L.

DNI/NIF: B27002914.

Último enderezo coñecido: rúa Inés de Castro, 6, baixo, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A, da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 28 de outubro do 2015 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.