Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015014TA-OU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 30 de outubro de 2015, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015014TA-OU, incoado na Xefatura Territorial de Ourense a Felipe Mayo Alonso, como titular do establecemento Café Bikbok (razón social: Candelarios Vales, S.L.).

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Felipe Mayo Alonso, como titular do establecemento Café Bikbok (razón social: Candelarios Vales, S.L.), o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Número de expediente: 2015014TA-OU.

Denunciado: Felipe Mayo Alonso, como titular do establecemento Café Bikbok (razón social: Candelarios Vales, S.L.).

Documento de identificación: 34972890X.

Último enderezo coñecido: rúa Barco de Ávila, 12, 3º M, 32300 O Barco de Valdeorras.

Feito imputado: infracción da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).

Precepto infrinxido: artigo 7.u).

Tipificación: grave, segundo o artigo 19.3.b).

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).

Resolución: desestimatoria do recurso.