Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5473

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

En virtude da Resolución do 22 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 206, do 28 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño, modificada pola do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar no portal web: corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueloutros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Carrera Álvarez, Susana

32649278L

16, 20

Carreño Carreño, Amalia

34978457B

16, 20

Tinajero Vacas, Susana

02620479C

16, 20

Vázquez Pena, Eva María

32805956K

43

Cota específica base I.1.1:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Mariño Pose, Víctor Alberto

52457095Y

15

Tejero Mundiña, Juan Carlos

32787141C

16

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

43

Desistencia da solicitude