Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas en relación coas axudas reguladas na Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto), relativa aos expedientes TR341D 2015/154-2 e 2015/817-2.

Intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polas que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notificarlles aos interesados o contido das ditas resolucións como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e que contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 2 de febreiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2015/154-2.

Nome: Agustín Yáñez López.

DNI/NIF: 33998718A.

Último enderezo coñecido: rúa San Roque, 57, baixo, 27700 Ribadeo (Lugo).

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e os requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 27 de novembro de 2015.

Nº de expediente: TR341D 2015/817-2.

Nome: Ryoji Todaka.

DNI/NIF: X5909338V.

Último enderezo coñecido: rúa Mestre Soutullo, 15, 1º B, 27002 Lugo.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e os requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 24 de novembro de 2015.