Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2016/018-1).

Expediente: IN407A 2016/018-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación MT, polígono industrial Penapurreira-Ediciones Informatizadas

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, con orixe en pasos de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 30 existente da LMT MOL-826 (expediente 254/2004), onde se realiza actualmente o paso aéreo a subterráneo da LMT que alimenta o CT particular Ediciones Informatizadas, S.A., condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no centro de seccionamento Ediciones Informatizadas, S.A., para instalar polo cliente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña