Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia do recurso de alzada da autorización de corta 515387.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa escolla, ben ante o xulgado do contencioso correspondente ao seu domicilio ou ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, por ser a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: autorización de corta 515387.

Interesada: María Carmen Nélida Vázquez Pájaro.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.