Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente MON-CO-0224/2015-CAF e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 2 de febreiro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

MON-CO-0224/2015-CAF

Jorge Etcheverría López

Paderne

MON-CO-0232/2015-CAF

Teresa Seoane Seoane

Rúa Hórreo, 13, Santiago de Compostela

MON-CO-0233/2015-CAF

Concepción Manuela Blanco Ramos

Guerra, Boimorto

MON-CO-0234/2015-CAF

José Antonio Piñeiro Seoane

Avenida Federico García Lorca, 9, 4º, Las Palmas de Gran Canaria