Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do plan de sectorización número 1 para a ampliación do polígono empresarial de Espiñeira.

O 2.2.2016 a Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o plan de sectorización número 1 (ampliación do polígono empresarial de Espiñeira, Boiro); así mesmo, aprobou o inicio dun período de exposición pública do expediente polo prazo dun mes (artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións pertinentes.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na Secretaría do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Boiro, 8 de febreiro de 2016

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde