Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5571

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual número 2 do plan parcial de Barraña.

O 26.1.2016 a Xunta de Goberno local (punto 3 da orde do día), aprobou inicialmente a MP/02 do plan parcial de Barraña, Boiro; así mesmo, aprobou o inicio dun período de exposición pública do expediente polo prazo dun mes (artigo 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co artigo 86 da mesma norma).

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións pertinentes.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na Secretaría do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Boiro, 8 de febreiro de 2016

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde