Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5572

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na praza de José Toubes Pego.

O Pleno Municipal, na sesión que tivo lugar o 11 de xaneiro de 2016, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM 2013 da Coruña, na praza de José Toubes Pego, para a previsión dunha parcela de equipamento público, conforme o documento redactado polos técnicos municipais en decembro de 2015 (expediente 631/2014/187).

En cumprimento do artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente da modificación sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación da modificación pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza de Indalecio Prieto, 1-3) en horario laboral de luns a venres, ou na páxina web do Concello www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

P.D. (Decreto do 15.12.2015)
Jorge Juan Cao Abad
Director de Rexeneración Urbana e Vivenda