Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2016 Páx. 5454

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016 pola que se convoca unha xornada sobre a loita administrativa e xudicial contra o narcotráfico.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2016 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócase unha xornada sobre «A loita administrativa e xudicial contra o narcotráfico», conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Entre os obxectivos principais desta xornada podemos destacar os seguintes:

– Analizar a problemática social do narcotráfico e abordar os medios para combatelo administrativa e xudicialmente.

– Fomentar a coordinación das actuacións e a cooperación institucional, promovendo unha abordaxe integral na loita contra o narcotráfico.

– Favorecer a intensificación dos esforzos na loita administrativa e xudicial contra a produción, distribución e consumo ilícitos de drogas.

– Debater sobre posibles vías para paliar esta problemática.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A oficina de recuperación de activos.

– A oficina de recuperación e xestión de bens mobles.

– O comiso no novo Código penal.

3. Destinatarios.

Empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2, 4, Santiago de Compostela.

Data: 26 de febreiro de 2016.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 4 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/.

O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 24 de febreiro de 2016.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41-981 54 62 39.

7. Modificacións.

A EGAP se reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

8. Certificado de asistencia oficial.

Ao final da xornada entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que tivesen participado asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización da xornada e o selo oficial da institución.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública