Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos para deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos desta consellería en distintos certames feirais do ano 2016, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75 % (expediente 2/2016, 3 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos para deseño, organización montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Mar en distintos certames feirais que terán lugar no ano 2016, 3 lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23673

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 229, do 1 de decembro de 2015.

e) División por lotes e número: 3 lotes.

Lote 1: Fish Internacional, Bremen (do 14 ao 16 de febreiro); Seafood Expo North America, Boston 2016 (do 6 ao 8 de marzo); Seafoood Expo Global, Bruxelas (do 26 ao 28 de abril).

Lote 2: Salón Gourmets, Madrid (do 4 ao 7 de abril); Alimentaria, Barcelona (do 25 ao 28 de abril); Sial, París (do 16 ao 20 de outubro).

Lote 3: Xantar, Ourense (do 3 ao 7 de febreiro); Navalia, Vigo (24 ao 26 de maio); Salimat, Silleda (do 9 ao 12 de xuño); Conxemar, Vigo (previsiblemente en outubro); Cabo Verde (datas sen determinar, posiblemente en outubro-novembro); Femaga, A Coruña (previsiblemente en decembro).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.454.400,00 €, IVE (21 %): 305.424,00 €. Importe total: 1.759.824,00 €.

Valor estimado: 1.454.400,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de xaneiro de 2016

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 553.600 € (sen IVE).

IVE 21 %: 116.256 €.

Importe total: 669.856 €.

d) Data de formalización do contrato: 1 de febreiro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, xa que foi a única empresa que chegou a última fase de valoración dos criterios de adxudicación do contrato, e cumpriu coas condicións establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de xaneiro de 2016

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 529.800 € (sen IVE).

IVE 21 %: 111.258 €.

Importe total: 641.058 €.

d) Data de formalización do contrato: 1 de febreiro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, xa que acadou a maior puntuación global dos criterios de adxudicación do contrato e cumpriu coas condicións establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Lote 3:

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de xaneiro de 2016

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 151.650 € (sen IVE).

IVE 21 %: 31.846,50 €.

Importe total: 183.496,50 €.

d) Data de formalización do contrato: 1 de febreiro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, xa que acadou a maior puntuación global dos criterios de adxudicación do contrato e cumpriu coas condicións establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar