Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o requirimento de documentación dunha axuda de carácter socioeconómico.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución.

A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación efectuadas polo órgano concedente constitúen unha causa de reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de mora correspondentes, de acordo co artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Papa Modiane Faye.

NIF: X9515539W.

Número de expediente SXPA: PE113D 2012/101-0.

Acto de notificación: requirimento de documentación referente á axuda de carácter socioeconómico, prima non renovable, concedida en execución da convocatoria correspondente ao ano 2012.

Documentación requirida: copia compulsada de todas as follas da cédula de inscrición marítima que comprendan os enrolamentos desde o día 3.6.2014 ata o día 3.6.2015.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Lens, nº 13, 5º, 15010 (A Coruña).