Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2016 Páx. 6117

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (46/2015).

Procedemento ordinario 46/2015

Sobre: outras materias

Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A.

Procuradora: Araceli Barrientos Barrientos

Avogado: Luis Sanjiao García

Demandados: Juan Antonio Sánchez Vizcaíno, Laura Elias Rodríguez

Anxo Gómez Santos, secretario judicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 46/2015, seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Juan Antonio Sánchez Vizcaíno, Laura Elias Rodríguez, ditouse sentenza cuxo encabezamiento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentencia 142/2015.

Vigo, 5 de novembro de 2015.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 46/2015 se seguen por instancia de Santander Consumer EFC, S.A., representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos e dirixida polo letrado Luis Sanjiao García contra Juan Antonio Sánchez Vizcaíno e Laura Elías Rodríguez, declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de financiamento dunha compravenda de bens mobles a prazos.

Fallo.

Estimo totalmente a demanda interposta por Santander Consumer EFC, S.A. contra Juan Antonio Sánchez Vizcaíno e Laura Elías Rodríguez, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Juan Antonio Sánchez Vizcaíno e a Laura Elías Rodríguez a aboarlle á entidade demandante a cantidade de 6.505,98 euros, correspondentes aos aprazamentos vencidos e non satisfeitos. A dita cantidade reportará a indemnización pola demora equivalente ao xuro legal do diñeiro, contado desde a súa reclamación xudicial, que será o xuro legal, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentencia.

2º. Condeno a Juan Antonio Sánchez Vizcaíno e a Laura Elías Rodríguez a pagar as custas do presente proceso.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E estando os ditos demandados, Juan Antonio Sánchez Vizcaíno e Laura Elias Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 16 de novembro de 2015

O secretario xudicial