Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6349

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de febreiro de 2016 pola que se modifica a adscrición de determinadas fundacións de interese galego e se ordena a súa adscrición ás consellerías competentes para o exercicio das funcións de protectorado.

O Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, establecen unha nova estrutura organizativa dos departamentos da Xunta de Galicia, da que resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Esta modificación produce unha nova distribución de competencias que motiva a necesidade de readscrición de determinadas fundacións de interese galego, para os efectos do exercicio das funcións de protectorado, ás distintas consellerías competentes na materia que constitúe os fins fundacionais.

Segundo. Por parte das consellerías afectadas formalizouse proposta de readscrición das fundacións, coa seguinte relación:

A) Adscrición de fundacións ao Protectorado da Consellería do Mar:

Fundación Expomar; Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar); Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible: Fundación Océano Vivo; Fundación para la Investigación, Desarrollo Tecnológico e Innovación en el Sector Pesquero de Celeiro; e Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).

B) Adscrición de fundacións ao Protectorado da Consellería do Medio Rural:

Fundación para a Promoción e Desarrollo Rural (Fundesar); Fundación Escola Agrícola Pedro Murias; Fundación Galicia Verde; Fundación Centro Tecnolóxico da Carne; Fundación para o Avance Científico da Veterinaria en Galicia; Fundación para o Desenvolvemento e Aproveitamento das Potencialidades do Mundo Rural (Fun-Pro-Rural); Fundación Juan Francisco Guerra Guerra; Fundación As Salgueiras; e Fundación Desarrollo Producto Ecológico de Galicia.

C) Adscrición de fundacións ao Protectorado da Consellería de Infraestruturas e Vivenda:

Fundación Karpin Vivienda; e Fundación Iniciativas Domus Labora.

D) Adscrición de fundacións ao Protectorado da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

Fundación Adolfo Sobrino para el Desarrollo y Aprovechamiento Sostenible de los Recursos Naturales en Galicia; Fundación Atlántica de Iniciativas Sociales, Medioambientales y Sanitarias; Fundación Blas da Ponte de Outeiro; Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua; Fundación Fragas do Mandeo; Fundación Galicia Sustentable; Fundación Germán Estévez; Fundación José Luis Taboada; Fundación Laboratorio de Anatomía Animal; Fundación María Antonia de Velasco González; Fundación Mundonatura; Fundación Refuxio de Animais; Fundación Ur Biodiversidad Sostenible: Amigos de los Ancares y Doñana; Fundación Val do Navea; e Fundación Eira.

E) Adscrición de fundacións ao Protectorado da Consellería de Política Social:

Fundación Casa de Caridad de Vigo-Hogar San José; Fundación Benéfica Ramón Pla, Marqués de Amboage; Fundación Obra Pía Huérfanas de San Bartolomé; Fundación Casa Hospitalillo de Ancianos Enfermos y Desamparados de Villagarcía de Arosa; Fundación Paz y González; Fundación Residencia de Ancianos de Sarria Nuestra Señora del Carmen; Fundación Escuela de la Herrería; Fundación San Carlos; Fundación Félix Rodríguez; Fundación Manuel Vázquez Araújo; Fundación Nuestra Señora de Gracia y San Judas Tadeo; Fundación Asilo Escuela Maternal; Fundación Victoria Bahamonde de la Fuente; Fundación Asilo de San Castor e Santa Adelaida; Fundación Colegio de Doncellas Huérfanas Ntra. Señora de los Remedios; Fundación Obra Pía D. Pedro Hombre y Varela; Fundación Asilo de Ancianos Pobres de Corcubión; Fundación Legados de Don José García Núñez; Fundación Hospital General Juan Cardona del Patronato del Santo Hospital de Caridad; Fundación Hermanos Prieto Asilo de Ancianos de Carballiño: Fundación Hospital Asilo de Villalba; Fundación Obra Pía San Agustín; Fundación Asilo de la Santísima Virgen del Carmen de Foz; Fundación Asilo del Santo Ángel-Santa Marina de Temes; Fundación José I. Portal Montenegro; Fundación Legado de Don Nicolás Lema Aldao de Pardo; Fundación D. Manuel Piñeiro Pose; Agregación de fundacións da provincia da Coruña; Fundación Hermanos Tenreiro; Fundación Tomás Cibeira; Fundación Asilo de Anciáns Desamparados da Vila da Fonsagrada; Fundación Romero Blanco-Monroy; Hospital San Pablo; Fundación Gabriel Portal Antón; Fundación Hospital Asilo Nuestra Señora de los Ángeles; Fundación Coruñesa de Promoción del Sordo; Fundación Menela; Fundación Monte do Gozo; Fundación Áncora; Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora; Fundación O Noso Lar; Fundación Raiola; Fundación San Rosendo; Fundación Valdegodos; Fundación Scolae Amorís, Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (Fundesga), Fundación Quinesia; Fundación Publica Galega para a Tutela das Persoas Adultas (Funga); Fundación Tutelar Aspronaga; Fundación Hogar Santa Lucía; Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña (Adcor); Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Terra de Celanova; Fundación Eu Son; Fundación Pro Mundo; Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín: Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca da Barcala; Fundacion Lar Pro Salud Mental; Fundación Benéfica Nuestra Señora de Fátima; Fundación Faxpg; Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Valdeorras; Fundación Andrea Gómez; Fundación Autismo Coruña; Fundación Filomena Rivero Alonso; Fundación Érguete-Integración; Fundación Remanso; Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá; Fundación Araduca no Camiño; Fundación Con Eles; Fundación Complejo Residencial y de Servicios San José; Fundación Madre Trinidad; Fundación Íntegra para la Discapacidad Intelectual; Fundación San Martín; Fundación Costa de Galicia; Fundación Nazareth; Fundación San Froilán; Fundación Residencia Tercera Edad de Chantada; Fundación Dorzán; Fundación Provincial Banco de Alimentos; Fundación Magar; Fundación Don Miguel Fortes Alonso y Doña Concepción Fortes Eiro; Fundación Balms para la Infancia; Fundación Familia Gómez Vila; Fundación de Daño Cerebral (Fudace); Fundación Einsa; Fundación Familia Naveyra Goday; Fundación Fernández Espín; Fundación La Amistad; Fundación Amalia Filomena Mera Somoza; Fundación Amigos de la Barrera; Fundación G-Prodis; Fundación Lusekelo-Alegría; Fundación Fuertes; Fundación Santa María; Fundación Down Compostela; Fundación Las Samaritanas; Fundación Pastora Campos Goldner; Fundación Tutelar Camiño do Miño; Fundación para a Capacidade e Emprego Juan XXIII; Fundación Serpremiga; Fundación María Esperanza Rubido Romero; Fundación Purificación Dapena Portas; Fundación Amencer-Aspanas; Fundación Amicos para a Protección de Persoas con Discapacidade Psíquica; Fundación Faiben; Fundación Camiña Social; Fundación Funditea; Fundación Encontro; Fundación Misael Prieto; Fundación Centro Galego de Solidariedade-Proxecto Home; Fundación Míchel Salgado; Fundación Gavela; Fundación Trébol de Iniciativa Social; Fundación Comedor San Froilán; Fundación Aspace Coruña; Fundación Diversia; Fundación Afan.lar; Fundación Abrente; e Fundación Cáritas Diocesana Santiago de Compostela.

F) Adscrición de fundacións ao Protectorado da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Fundación Economato Social de Empresas (Esdeco); Fundación Laboral Santelco; Fundación Laboral Orelco; Fundación Laboral Povelco; Fundación Laboral Elco; Fundación Laboral Pontelco; Fundación Formación e Emprego de Galicia (Forem); Fundación Paz e Solidariedade; Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo; Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, Emprego e Formación en Galiza (Forga); Fundación Galfor; Fundación Coren; Fundación Mestre Mateo; Fundación Inladi; Fundación Magistra; Fundación Ronsel; Fundación Emprende; Fundación Laboral da Pizarra; Fundación Galega da Muller Emprendedora; Fundación Formación e Xestión Galega (FEXGA); Fundación Galega do Metal para a Formación; Cualificación e Emprego (Formega); Fundación Terra de Trasancos/Cooperativa do Val; Fundación Galega para a Dinamización do Emprego; Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza; Fundación para o Fomento da Iniciativa Empresarial (CEG); Fundación Ceo para el Desarrollo Empresarial; Fundación Difogal; Fundación Galega da Formación para o Traballo; Fundación Ourensana Hosteser; Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar); Fundación Raizame; Formavigo, e Fundación para la Organización de Nuevas Técnicas Empresariales (Fonte).

Terceiro. A comisión integrada polos secretarios xerais técnicos na súa reunión do 1 de febreiro de 2016 emite informe favorable de readscrición das fundacións de interese galego aos departamentos da Xunta de Galicia competentes para o exercicio das funcións de protectorado, de conformidade co sinalado no punto segundo.

Consideracións xurídicas:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. A Lei 12/2006, e o Decreto 14/2009 establecen que o protectorado será exercido polos departamentos da Xunta de Galicia que teñan atribuídas as competencias correspondentes aos fins das fundacións.

Terceiro. O artigo 7.1 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de fundacións de interese galego, atribúe competencias de clasificación das fundacións e adscrición ao protectorado correspondente á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), a Lei 12/2006, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da adscrición de determinadas fundacións de interese galego

Modificar a adscricións das fundacións de interese galego, aos protectorados da Consellería do Medio Rural, Consellería do Mar, Consellería de Medio Ambiente Territorio e Ordenación do Territorio, Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Consellería de Política Social e Consellería de Economía, Emprego e Industria, de conformidade coa distribución que se relaciona no feito segundo desta orde.

Disposición adicional primeira. Instrumentalización

A instrumentalización do disposto nesta orde efectuarase mediante o traslado material da documentación e datos inscritos na sección do rexistro do protectorado de orixe, e recepción polo órgano competente da consellería á que se readscriben.

Disposición adicional segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza