Expediente: IN407A 2015/234-1.
Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: novas saídas LMTS subestación Río do Pozo.
Concello: Narón.
Feitos.
1. O 6.8.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG número 194, do 9.10.2015 e no BOP número 185, do 28.9.2015.
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas.
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
Adaptación do CT Río del Pozo (expediente 127/07) e do CS Cementera (127/07), modificándose os conxuntos das celas de media tensión existentes en ambos os centros, e reordenación das liñas que chegan a eles.
Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 2,137 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación do Río do Pozo, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-20L (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en la cela de liña existente a CS Cementera.
Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,944 km, coa orixe na liña existente no CT Río do Pozo 22, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en la cela de liña existente a CS Cementera.
O orzamento da instalación segundo proxecto é de 180.060,7 €.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións se procede.
– Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 12 de xaneiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña