Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2012/153-1).

Expediente: IN407A 2012/153-1

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado I ao proxecto LMTS CTS parcela A-1 r/ Parroquia de Guísamo-polígono de Bergondo.

Concello: Bergondo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,396 km, con orixe en cela de liña existente no CT A-2 polígono de Bergondo (expediente 333/2006), condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados coa LMT Beg-714, tramo entre o CT A-2 polígono de Bergondo (expediente 333/2006) e o CS Bricoking (expediente 185/2008), realizando entrada e saída no CTS parcela A-1 polígono de Bergondo proxectado.

– Centro de transformación subterráneo compacto prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-300 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña