Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas en relación coas axudas reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), relativa ao expediente TR341D 2014/212-2 e tres máis.

Intentada a notificación das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, polas que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notificarlles aos interesados o contido das ditas resolucións como figura no anexo, para que poida ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Lugo, 21 de xaneiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2014/212-2.

Nome: Lizeth Magal y Flores Pilco.

DNI/NIF: X8110692H.

Último enderezo coñecido: rúa Fonte da Cruz, 3, 4º E, 27780 Foz (Lugo).

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.

Data do acto: 13 de xullo de 2015.

Nº de expediente: TR341D 2014/493-2.

Nome: José Antonio Herrero Quintilla.

DNI/NIF: 73196736H.

Último enderezo coñecido: avenida Ourense, 48 P0, porta C, 27200 Palas de Rei (Lugo).

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.

Data do acto: 16 de xullo de 2015.

Nº de expediente: TR341D 2014/516-2.

Nome: Jaime Díaz López.

DNI/NIF: 33331936Z.

Último enderezo coñecido: rúa Santo Grial, 159, 1º C, 27003 Lugo.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.

Data do acto: 16 de xullo de 2015.

Nº de expediente: TR341D 2014/580-2.

Nome: María Soriano Batista.

DNI/NIF: Y1150888M.

Último enderezo coñecido: rúa Calvario, Campo da Feira, 27800 Vilalba (Lugo).

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.

Data do acto: 17 de xullo de 2015.