Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/006-1).

Número de expediente: IN407A 2016/006-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS en Angrois.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas: recuamento do tramo da liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe na LMTS SNT839, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña LMTS SNT839.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña