Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2016 Páx. 6477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado das actuacións levadas a cabo en relación co expediente 8/75 e dous máis, de montes veciñais en man común no concello da Pobra do Brollón.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 8 de febreiro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 8/75, 4/75 e 7/75 de montes veciñais en man común (MVMC).

Concello: A Pobra do Brollón.

Interesado: Alberto González Armesto.

Acto notificado: adaptación cartográfica dos MVMC tras a identificación do predio denominado Loureiro.